CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC das Fontiñas acolle a quinta edición do Encontro Interxeracional de Xadrez
O venres 21 de xuño, a partir das 17:00 horas, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá o V Encontro Interxeracional de Xadrez, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Será unha tarde dedicada a esta práctica deportiva, que practican habitualmente máis de 100 usuarios dos centros socioculturais.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Música, lume, sardiñas e xogos na Festa de San Xoán do barrio de Conxo
O concelleiro de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o programa da Festa de San Xoán 2013 do barrio de Conxo, xunto coa Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo, integrada polas entidades socioculturais do barrio. Na rolda tamén se presentou a imaxinería na queima da lumieira de San Xoán.
URBANISMO
O Concello introducirá melloras na Ordenanza reguladora das terrazas
A Concellería de Urbanismo vai acometer unha modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería. Estes cambios pretenden recoller aqueles axustes e melloras que a experiencia dun ano de vixencia da norma aconsellan para mellorala.
TURISMO
Turismo e S.D. Compostela colaborarán nun programa de visitas guiadas para os clubs que xoguen en Santiago
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantivo un encontro co presidente da Sociedade Deportiva Compostela, Antonio Quinteiro, co fin de establecer unha colaboración en materia turística.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para catro prazas vacantes nas Mañás de xogo dos locais de Busto-Nemenzo-Marantes
As Mañás de verán e as Mañás de xogo nos centros socioculturais xa teñen os seus participantes seleccionados, logo do sorteo celebrado o dia 18 de xuño no CSC do Ensanche. As listas cos admitidos definitivos poden consultarse tanto no documento adxunto a esta noticia como na web www.santiagosociocultural.org e nos distintos centros socioculturais onde se desenvolverán as actividades.
URBANISMO
O Concello acomete a reparación dos baños da Alameda e a mellora do seu estanque
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que mañá darán comezo as obras de reparación dos baños da Alameda. Ademais, nun prazo aproximado de dúas semanas, iniciarase tamén a intervención de mellora do estanque deste parque.
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo para inscribirse no programa de conciliación de verán do Concello
Este xoves, 20 de xuño, abrirase o prazo de inscrición para o programa de conciliación de verán, que se desenvolverá do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro no CEIP das Fontiñas. Haberá 70 prazas dispoñibles.