PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello colabora coas festas patronais de todos os barrios e parroquias
Case medio cento de asociacións de veciños contarán coa colaboración da Concellería de Festas na dinamización das súas festas patronais.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación fixo entrega dos premios do XVIII Certame de Teatro Intercentros
O Teatro Principal acolleu o acto de entrega dos galardóns do XVIII Certame de Teatro Intercentros, ademais da representación da obra gañadora: A Catedral, interpretada polo grupo Bululú, formado por alumnos de secundaria dos IES Lamas de Abade e Pontepedriña.
BENESTAR SOCIAL
A Rede Barrio de Conxo-Milladoiro incorpórase á web Compostela Integra
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu a xuntanza desta rede, na que se acordoi a acordouse a incoporación do grupo de traballo Barrio de Conxo-Milladoiro a Compostela Integra, páxina web creada pola Concellaría de Familia, Educación, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores do Concello de Santiago que serve de punto de encontro e relación dos diferentes profesionais que traballan na área de acción social.
ALCALDÍA
O pintor compostelán Segundo Hevia doa un cadro ao Concello de Santiago
O salón vermello do Concello acolleu o acto de entrega dun cuadro do pintor compostelán Segundo Hevia á institución municipal. Foi o fillo do artista en ausencia do seu pai, que se atopaba indisposto, o que simbolizou a doazón.
TURISMO
Estambul e Santiago xa están conectados por Turkish Airlines
O alcalde de Santiago, Ángel Curras, acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, e outras autoridades, deu a benvida ao primeiro voo procedente de Turquía.
DEPORTES
Día Autonómico do Minibásquet: unha festa da canastra que cumpre 10 anos
O Multiusos Fontes de Sar acollerá o 8 de xuño dende as 9 da mañá a 1.400 nenos de toda a comunidade para desputar un total de 104 partidos en nove pistas simultáneas do pavillón santiagués, unha máis que na edición anterior. Á presentación asistiu o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
DEPORTES
O CorreSan Nocturno estará incluído no primeiro Circuíto Provincial de carreiras populares organizado pola Deputación
A carreira CorreSan Nocturna, que se celebrará o 13 de xullo, foi a elixida pola Deputación da Coruña para formar parte do I Circuíto Provincial de Carreiras Populares, presentado hoxe na sede da Deputación. Ao acto asistiu o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
CULTURA
Hi-Risers e Eilen Jewell actuarán na Sala Capitol dentro do Compostela Rock
No ‘Made in Usa’ (Compostela Rock) acturán The He-Risers o mércores 22 de maio, e Eilen Jewell ‘a raiña do acorde menor’ofrecerá un concerto o xoves 13 onde presentará o seu disco 'Queen of the minor key'. Os dous concertos serán as 21.00h na Sala Capitol. Entradas á venda por 12 euros máisgastos de distribución (anticipada) e 15 euros na billeteira.
MEDIO AMBIENTE
Rematan as obras de remodelación do parque Agro de Ramírez
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira María Pardo, inaugura este luns, 27 de maio, o parque Agro de Ramírez tralas obras de remodelación. O acto será ás 17.00 horas.
XUVENTUDE
O xoves 23 terá lugar unha nova xornada do programa de emprego e emprendemento da Concellería de Xuventude
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acollerá, a partir das 17h, unha nova sesión destas xornadas, que se están a celebrar baixo o título Os xoves emprende.