ECONOMÍA
Concello, Cámara e Fundación Incyde colaborarán na creación e consolidación de pequenas e medianas empresas
A concelleira de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago; Jesús Asorey, e o director da Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación Incyde), Javier Collado, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dun programa para a creación e consolidación de empresas e autoemprego.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a aposta municipal polo reforzo das rutas actuais en Lavacolla e pola apertura de novos destinos internacionais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou que nas vindeiras semanas vai manter reunións con varias compañías aéreas, co fin de coñecer os seus plans de para o aeroporto de Lavacolla e de formularlles propostas municipais ao respecto. Neste sentido, indicou que aposta do Concello pasa por reforzar rutas as rutas xa existentes e pola apertura de destinos internacionais "clave".
ALCALDÍA
Reunión de Ángel Currás co empresario xaponés Hirosuke Matsui
O empresario xaponés Hirosuke Matsui reuniuse en Raxoi con Ángel Currás, respondendo así á invitación que o alcalde lle fixera na súa recente visita a Xapón. No encontro participou tamén a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
TURISMO
Santiago participa en Polonia na conferencia "Turismo relixioso como un elemento de integración intercultural"
Turismo de Santiago participa na conferencia sobre "Turismo relixioso como un elemento de integración intercultural" que se celebra en Cracovia entre o 8 e o 10 de outubro. Turismo de Santiago acude a conferencia convidado polo Concello da cidade polaca e aproveitará a ocasión para amosar a colaboración entre Santiago e Tanabe, destinos das dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco, o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.
CULTURA
O Festival Under Eighteen volve por segundo ano consecutivo a Compostela
O Festival Under Eighteen (máis coñecido como U18) naceu co propósito de crear alternativas musicais para os menores de 18 anos, como unha proposta de lecer para os máis novos, que poden gozar en directo dos seus artistas favoritos en horarios adecuados e en recintos onde está prohibida a venda de bebidas alcohólicas e de tabaco. Esta iniciativa volve a Compostela da man da Concellería de Cultura e a produtora Sweet Nocturna tras o éxito da edición de 2012.
TURISMO
O Hostal dos Reis Católicos, elixido polos viaxeiros como o mellor parador de España
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Hostal dos Reis Católicos ao acto de entrega da III edición dos premios Travellers Choice Paradores de Turismo de Tripadvisor.
DEPORTES
Aberta a inscrición na XXXVI Carreira Pedestre Popular de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiron na sede de El Correo Gallego -organizador da proba- á presentación da XXXVI Carreira Pedestre, que se celebrará o domingo 27 de outubro.