MOBILIDADE
Repintados case 12 quilómetros lineais de zonas de estacionamento para residentes
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, ofreceu en rolda de prensa datos sobre o estacionamento para residentes, a propósito das tarefas de repintado que se viñeron realizando nas oito zonas existentes, que abarcaron 8.855 metros lineais de zonas verdes 24 horas e 2.900 metros de zonas verdes para residentes polas noites. En breve sumarase outra nova zona, a de Pelamios e Vista Alegre. Ata o momento, xa se concederon máis de 3.300 tarxetas de residente.
ALCALDÍA
Doce ciclistas ecuatorianos chegan a Compostela tras realizar o Camiño
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os integrantes do club Ciclistas sin Fronteras, de Santiago de Guayaquil (Ecuador). Os doce ciclistas chegaron á cidade tras realizar o Camiño dende Roncesvalles.
BENESTAR SOCIAL
O Concello renova o seu compromiso coa Fundación Secretariado Xitano
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á inauguración do novo local da Fundación Secretariado Xitano (rúa do Ulla, 27 – Pontepedriña) e asinou o convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación para o desenvolvemento do Programa Acceder.
CULTURA
Funboa Escénica representa "Oisseau rebelle" na Sala Agustín Magán
A compañía galega Funboa Escénica leva unha das súas propostas, Oisseau rebelle ao novo espazo teatral da cidade, a Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta.
CULTURA
Catorce novas 14 propostas musicais para pechar a temporada do ciclo Sons'13
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Sons’13 para rematar o temporada. Un variado cartel que traerá a Compostela diferentes ritmos musicais que encharán de son o Teatro Principal, a Zona C e outros espazos como a o Centro Galego de Arte Contemporánea e a Sala Capitol.
EDUCACIÓN
Homenaxe a 39 profesores xubilados con motivo do Día Mundial do Docente
A concelleira de Educación, María Castelao, asisiu aos actos con motivo do Día Mundial do Docente, presididos polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.
INFORMÁTICA
Os enxeñeiros informáticos de Galicia entregaron os seus premios anuais
A concelleira Amelia González asistiu á V edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Profesionais e empresariado do sector TIC déronse cita nunha cea de gala no Hotel Monumento San Francisco para facer visibles a informática e a defensa da mesma.