ORZAMENTOS
Emendas aos orzamentos do Estado para que se recolla o acceso ao Tambre e se incremente a partida para o túnel de Conxo e a EDAR
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou as emendas que o grupo municipal do Goberno vai presentar aos orzamentos xerais do Estado. Vanse solicitar partidas para as obras do acceso ao polígono do Tambre e para o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural, e o incremento das cantidades destinadas ao túnel de Conxo, ao Museo das Peregrinacións e da Cidade de Santiago e á estación depuradora de augas residuais (EDAR).
MOBILIDADE
Unha exposición explica na Alameda como chegan os carburantes aos consumidores
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Luis Bello, e a xefa territorial da Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH) na Coruña, Susana Vázquez, acompañados polo responsable de CLH na Zona Norte, Rafael Grande, e polo xefe da instalación aeroportuaria, Manuel Fuente, inauguraron a segunda edición da exposición itinerante Movemos a enerxía que move o mundo, que esta compañía organizou para explicar o camiño que percorren os carburantes ata chegar aos consumidores finais. A...
CULTURA
Variedade de estilos e grandes nomes no tramo final do Compostela Rock 2013
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as novas entregas da programación do ciclo Compostela Rock, que contará con grandes bandas e nomes de referencia do rock no tramo final do ano. Second, Rosendo, Freedonia & The Sweet Vandals; Youth Lagoon, Fuel Fandango, Delafé y Las Flores Azules, La Fuga e The Pepper Pots son algúns dos artistas que pasarán por Compostela nestes tres meses.
CULTURA
A Banda Municipal de Música súmase cun concerto especial ao bicentenario do nacemento de Richard Wagner
A Banda Municipal de Música celebrará un novo concerto este domingo 13 de outubro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal. Neste ocasión e baixo a dirección de Casiano Mouriño, a formación súmase ao bicentenario do nacemento do compositor Richard Wagner (1813-1883) interpretando pezas de tres das súas óperas.
ALCALDÍA
A cidade gaditana de San Fernando entregou a súa Medalla aos veciños de Angrois
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiron ao acto de entrega da Medalla da Cidade de San Fernando (Cádiz) aos veciños da parroquia de Angrois, en recoñecemento ao seu labor no accidente ferroviario do 24 de xullo. Nesta traxedia faleceran cinco persoas orixinarias deste municipio andaluz.
EDUCACIÓN
Comeza un ano máis o curso para a obtención do Graduado en Educación Secundaria de Adultos
Preséntase un ano máis, en colaboración coa Fundación Radio ECCA, un curso de preparación para a obtención do Graduado en Educación Secundaria de Adultos en Santiago. Terá lugar nas instalacións do CEIP Apóstolo Santiago (rúa Proxecto Vagalume – A Almáciga) a partir do 17 de outubro.