URBANISMO
Visita á parcela cedida polo Concello onde se construirá o centro de saúde de Galeras
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, e a xerente do Servizo Galego de Saúde, María Nieves Domínguez, visitaron os terreos onde se construirá o centro de saúde de Galeras. A construción desta nova instalación, que conta cun investimento de máis de 3,3 millóns de euros, está cofinanciada con fondos europeos.
ECONOMÍA
O proxecto Vitamína-T fomentará o espírito emprendedor entre os mozos universitarios
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o proxecto Vitamína-T, acompañada do director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e a presidenta do Club de Emprendedores da Universidade de Santiago Emprende MAS, Noela Mera.
CIDADE HISTÓRICA
Visto bo da Comisión Asesora do Casco Histórico á intervención para estabilizar o noiro da rúa de Betanzos
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informou en rolda de prensa dos acordos adoptados na Comisión Asesora do Casco Histórico. Entre os mesmos destacou o visto bo ao proxecto de estabilización do noiro da parte traseira da rúa de Betanzos, unha área situada no ámbito do chamado perímetro azul.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Rebeca Domínguez expuxo os programas municipais de dinamizacion do uso do da lingua galega aos centros educativos
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, mantivo unha reunión con representantes dos colexios de Santiago para analizar conxuntamente os programas de dinamización do uso da lingua galega.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Verdía xa dispón de local sociocultural e inicia as actividades do último trimestre
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitou a antiga escola unitaria de Verdía, con motivo das obras realizadas e que permitiron acondicionar a mesma como local sociocultural. Xa co novo espazo, este 1 de outubro comeza a actividade sociocultural prevista para o último trimestre de 2013.
XUVENTUDE
Xuventude pon en marcha o seu Twitter
O Departamento de Xuventude promove toda unha serie de iniciativas para tratar de mobilizar, formar e informar os mozos e mozas da cidade. Para que a información sobre os programas e actividades chegue eficazmente ao seu público destinatario é moi necesario ter presenza nas redes sociais, que hoxe en día son un recurso importantísimo de cara a comunicarse cos demais, en especial cando nos referimos á xuventude.