EDUCACIÓN
O barrio das Fontiñas estrea planetario no marco das actividades programadas pola Escola de Verán 2012
As actividades programadas polo Concello de Santiago dentro do proxecto Escola de Verán 2012 seguen a traer novas propostas lúdicas e educativas para os máis pequenos. Así, o barrio das Fontiñas estreou este mércores 12 de xullo o planetario, un novo espazo onde poden coñecer de preto e resolver todas as súas dúbidas relacionadas coa astronomía e o universo exterior. Este equipamento é facilitado pola Obra Social "La Caixa".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Éxito das actividades lúdicas do programa "Vive o verán" nas parroquias de Santiago
As actividades matinais organizadas dentro do programa Vive o verán están resultando un éxito. Este ano, a novidade fundamental da iniciativa é a incorporación de actividades nas parroquias, que supuxo un forte impulso para os locais que en anos anteriores permanecían pechados. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitaron as actividades realizadas nesta xornada nos centro socioculturais da Gracia e de Marantes.
XUNTA DE GOBERNO
Os sancionados por consumo de alcohol na vía pública poderán realizar tarefas como limpeza de camiños ou axuda a peregrinos
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, deu conta dun convenio da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego coa Asociación de Voluntarios de Protección Civil para facilitar a realización de traballos substitutivos polo sancionados por consumo de alcohol na vía pública.
MEDIO AMBIENTE
O Concello, a Fundación Santiago Centro e Sogama suman esforzos para contribuír a unha cidade máis sustentable
A Fundación Santiago Centro, o Concello de Santiago e Sogama rubricaron na sede da primeira un convenio de colaboración a través do cal se comprometen a sumar esforzos nunha fronte común: a preservación do medio e a mellora do benestar e calidade de vida da veciñanza da cidade. E farano loitando contra unha das principais ameazas, os residuos, e máis concretamente contra os efectos negativos que sobre o medio ten a alta proliferación de bolsas plásticas non biodegradables dun só uso.