TURISMO
A cidade acolleu máis de 50 congresos e xornadas no primeiro semestre
Santiago de Compostela acolleu máis de 50 congresos e xornadas no primeiro semestre do ano. O sector con maior número de congresos foi o sector sanitario, con quince eventos celebrados na cidade, entre os que se inclúen os de maior número de participantes.
TURISMO
Expertos internacionais debaten en Santiago sobre destinos turísticos e patrimonio
Os días 21 e 22 de xuño celébrase en Santiago a 1st EJTHR International Conference destination branding, heritage and authenticity. O concelleiro Luis Bello asistiu en representación do Goberno municipal á apertura desta conferencia, que reúne a destacados especialistas no ámbito da investigación turística, situando a Santiago nun lugar relevante do debate turístico.
XUNTA DE GOBERNO
Os barrios e parroquias celebrarán o San Xoán con 259 cacharelas e sardiñadas
A Xunta de Goberno autorizou na súa sesión ordinaria un total de 259 cacharelas e sardiñadas para a noite de San Xoán, 27 máis que en 2011. Delas, 144 realizaranse na cidade e outras 115 no rural.
XUNTA DE GOBERNO
Ábrese o prazo de solicitude de admisión para o curso 2012-2013 na Escola Infantil Municipal de Salgueiriños
A Xunta de Goberno aprobou a apertura de prazos e o procedemento de admisión na Escola Infantil Municipal de Salgueiriños. As familias deberán presentar a documentación entre o 22 de xuño e o 9 de xullo, ambos incluídos.
EDUCACIÓN
Compostela celebra o Día Europeo da Música con concertos en varios espazos da cidade
A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, convidou os composteláns a sumarse ás actividades programadas con motivo do Día Europeo da Música. Ao longo desta xornada do xoves 21 celebraranse varios concertos e veladas musicais en diferentes espazos da cidade.
TURISMO
Santiago de Compostela promociona a súa gastronomía en Culinae
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participaron en Madrid nunha reunión do Grupo de Cidades Patrimonio co director de Bens Culturais, Arquivos e Bibliotecas, Jesús Prieto, e a subdirectora xeral de Patrimonio Histórico, Ánxeles Alastrué. Na reunión confirmouse que o Ministerio de Cultura manterá a mesma aportación que o ano pasado e que se desenvolverán novos proxectos en colaboración co Ministerio e a UNESCO para conseguir unha maior excelencia das Cidades Patrimonio...
CULTURA
Chega a Santiago de Compostela o Circo Acrobático Nacional de Pequín
O Circo Acrobático Nacional de Pequín chega á nosa cidade o vindeiro mes de setembro. Fundado en 1950, foi condecorado con 18 medallas de ouro en diferentes competicións internacionais, e está entre os máis importantes circos chineses. O sábado día 22 fará dúas funcións do seu espectáculo O soño dunha viaxe a Oriente no Auditorio de Galicia, ás 18:00 e 21:00 horas. As entradas, 10 € para nenos de ata 12 anos e 20 € para adultos, están xa á venda na billeteira do Teatro...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Entregados os premios do certame de curtas en galego "Nós tamén creamos!"
A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na entrega de premios do certame Nós tamén creamos!, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coa Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora, no marco do programa de dinamización lingüística homónimo. O acto celebrouse no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura.