POLÍTICAS SOCIAIS

O evento "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño" destinará todos os seus beneficios ao proxecto "Arte e Emocións" de ASOTRAME

30/11/2021

O Concello de Santiago acolleu hoxe a presentación de "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño", un evento solidario a favor da Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME). Celebraráse o 29 e 30 de xaneiro no Museo Gaiás, na cidade da Cultura. É, segundo destacou a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro na presentación, "a primeira iniciativa de vodas con fins benéficos", xa que o 100% do seu beneficio, irá destinado ao proxecto "Arte e Emocións" de...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello colabora coa Asociación contra o cancro no proxecto Roteiros Saudables

30/11/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración coa Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro para a posta en marcha do proxecto Roteiros Saudables. Por parte da AECC asistiu á firma Francisco Pais Rodriguez, presidente da Xunta local de Santiago, en representación do presidente da provincial, Manuel Aguilar.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago rende homenaxe ao Colexio de Avogados coa entrega da Medalla de Ouro 2019

30/11/2021

O Concello de Santiago entregou esta noite ao Colexio de Avogados a Medalla de Ouro da cidade de 2019, o máximo galardón que outorga o ente municipal aos persoeiros ou colectivos destacados na defensa dos intereses de Compostela e da súa cidadanía. O acto, que tivo lugar no Teatro Principal, non puido celebrarse o ano pasado por mor da pandemia.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a licenza de obras para o edificio comercial e unidade de subministro de carburantes en Brandía, conforme establece a Lei de Hidrocarburos

29/11/2021

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe adxudicar á empresa Carburantes Lugo, SL, licenza de obras para edificio comercial e unidade de subministro de carburantes desatendida no Paseo de Esvedro- Paseo de Amaia, en Brandía, que conta cun orzamentos de execución material de 246.588,06 euros. Unha licenza que se concedeu, segundo sinalou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, por "unanimidade e por obrigación".

Ler máis

EMPREGO

Remata Talentia Summit ‘21 con récord de 50.000 participantes na maior feira virtual do talento

27/11/2021

Máis de 50.000 persoas participaron en Talentia Summit ‘21 superando as importantes cifras da edición do pasado ano, cando o formato mudou a virtual por mor da pandemia. A volta á presencialidade do Foro Talentia, novas empresas cun alcance internacional, seguimento de usuarios a nivel estatal e as videoconferencias para conectar empresas e candidatos, os grandes fitos desta nova edición.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

Volven os programas de educación viaria da Policía local

27/11/2021

Co obxectivo de formar e educar a cidadanía en seguridade viaria traballa o Departamento de Educación Vial da Policía local de Santiago, que retomou este curso os seus programas con distintos colectivos logo do parón imposto pola pandemia.

Ler máis
Compartir: