CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de centros socioculturais oferta máis de 2500 prazas nas actividades para o curso 2021-2022

02/09/2021

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, deu conta hoxe en rolda de prensa da programación dos centros socioculturais para a temporada 2021-2022, así como das actividades específicas doutros espazos dos centros como a Biblioteca José Saramago e as Aulas de Xogo, sen esquecer a Semana Cultural de Conxo. Un repaso polas preto de 2500 prazas ofertadas do programa de actividades, cuxo prazo de preinscrición estará aberto do 7 ao 17 de setembro.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Oficina de Promoción Económica lanza un ciclo formativo online centrado nas necesidades da economía COVID dirixido á hostalería, comercio e empresas culturais

02/09/2021

O programa, que forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago, foi presentado esta mañá polo alcalde, polas técnicas de proxectos da empresa Implictum, Raquel Piñeiro e Tania Aira, encargadas do seu desenvolvemento, e pola técnica do departamento de Promoción Económica, Carme Casado.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A SELIC sae á rúa para debater sobre as múltiples forma de lectura na post-pandemia

01/09/2021

A Semana do Libro de Compostela celebrará a súa quinta edición do 10 ao 19 de setembro. Coas restricións precisas pola pandemia, a SELIC regresa coa intención de atender os cambios permanentes na sociedade e na cultura, e coa vontade de abrir unha liña de pensamento sobre o mesmo acto de ler. Haberá un espazo con casetas de librarías e editoriais na rúa, no que decorrerán a maioría das actividades deste ano. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello súmase á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio da Unesco

01/09/2021

O Concello de Santiago, a través do seu alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, deu o seu apoio á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio Mundial da Unesco, proposta impulsada por acordo dos órganos directivos da CEC. Foi no transcurso dun encontro que o presidente da Confederación, Antonio Fontenla, mantivo este mércores, 1 de setembro, co rexedor compostelán.

Ler máis
Compartir: