BENESTAR ANIMAL
O Refuxio de Animais de Bando celebra este mércores a súa primeira xornada de portas abertas
A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, deu conta hoxe da celebración da primeira xornada de portas abertas no Refuxio de Animais de Bando. Será mañá, de 10:00 a 14:00 horas.
SAÚDE
O Concello de Santiago colabora coa Liga Reumatolóxica Galega na campaña "Polos teus ósos"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada da presidenta da Liga Reumatolóxica Galega, Ana Vázquez, presentou a campaña de sensibilización que a entidade desenvolverá o mércores 4 e o xoves 5 de xaneiro na praza Roxa.
CONSORCIO
Rematada a renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana. Esta intervención tivo un orzamento global de 100.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou esta fin de semana unha vítima en Madrid.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá 17 concertos no seu Ciclo de Inverno
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou o Ciclo de Inverno da Banda Municipal de Música, acompañado polo director da formación, Casiano Mouriño. Entre xaneiro e marzo, a Banda ofrecerá un total de 17 concertos, dos que catro serán didácticos. O alcalde salientou que estamos diante "dunha programación moi diversa, tanto polo público ao que pretende achegarse como polo repertorio que poderemos escoitar nas distintas actuacións".
DEPORTE
Cen xadrecistas participarán este martes en Área Central no torneo organizado pola Escola de Xadrez Compostela
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do secretario da Escola de Xadrez Compostela, Marco Porto, e do xadrecista Alejandro Cereijo presentou esta mañá o torneo que a Escola celebra mañá martes a partir das 16:30 horas, en Área Central, como unha actividade máis deste Nadal.
CONSORCIO
A RFG celebra este xoves o seu concerto da noite de Reis, baixo a batuta do portugués Pedro Neves
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto da noite Reis. A cita será este xoves, 5 de xaneiro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia. O ensaio xeral, que terá lugar o propio xoves, ás 11:00 horas, estará aberto ao público, que poderá asistir de forma gratuíta.
ALCALDÍA
O alcalde valora os datos turísticos de 2016
O alcalde de Santiago avaliou hoxe "moi positivamente" os datos turísticos do ano que vén de rematar, "que hai que poñer en valor porque son bos para o conxunto da cidade". Martiño Noriega sinalou que "despois dos récords de 2016, ao Concello tócalle seguir poñendo da súa parte para manter eses bos resultados, dos que son corresponsables distintas entidades e administracións".