EMPREGO
Marta Lois inaugura o "Santiago Emprega VI", que formará a 85 mulleres
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiu esta mañá á apertura do programa de emprego integrado Santiago Emprega VI, dirixido a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral a través dun itinerario que contará con acción informativas, talleres ou asesoramento e coaching.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música rende homenaxe este domingo a Amador Santos Bartolomé
A tenente de alcalde, María Rozas, presentou esta mañá o concerto que a Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá no Teatro Principal o vindeiro domingo, ás 12:00 h, para distinguir novamente a traxectoria do seu ex director Amador Santos Bartolomé. Rozas destacou a excelencia profesional do mestre e a riqueza da súa herdanza musical "logo de dedicar á dirección da banda a metade da vida, e facer de Compostela a protagonista de moitas das súas composicións orixinais".
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destina máis de 600.000 euros ao mantemento de edificios e instalacións municipais
O Goberno destinará máis de 600.000 euros á conservación e mantemento de edificios e instalacións dependentes do Concello, e desa cifra máis de 400.000 euros serán para actuacións en centros educativos. Así se recolle na prórroga do contrato coa empresa Espina y Delfín, que hoxe aprobou a Xunta de Goberno.
COMERCIO
Preto de 13.000 persoas gozaron da pista de xeo do paseo central da Alameda
A pista de xeo pechou o pasado domingo as súas portas deixando atrás case dous meses de actividade para o disfrute de crianzas e maiores. Por ela pasaron preto de 13.000 persoas.
DEPORTE
Máis de 150 tiradores e tiradoras competirán no XII Open Compos - Trofeo José Goás de esgrima
O XII Open Compos – Trofeo José Goás foi presentado pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e polo secretario da Asociación Compostela Esgrima, Víctor Castro. Este ano o trofeo leva o nome do fundador do club, José Goás, falecido o pasado ano. Máis de 150 tiradores e tiradoras participarán no torneo, que se celbrará o sábado e o domingo no pavillón do Restollal.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia acolle o martes 6 de febreiro un Encontro Aberto co Sector Cultural de Compostela
No ronsel doutros procesos de participación cidadá que o Goberno vén desenvolvendo en distintas áreas, a Concellaría de Acción Cultural celebra este martes 6 de febreiro un Encontro Aberto co Sector Cultural de Compostela, un espazo que busca ser un foro de diálogo constante entre os responsables municipais, os axentes do sector cultural que operan na cidade e o público de Santiago.
EMPREGO
O Concello recibe 526.000 euros para por en marcha un novo programa de emprego para a mocidade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu conta hoxe dunha nova subvención que vén de recibir o Concello de Santiago para poñer en marcha un programa de emprego xuvenil. Son 526.564,16 euros procedentes de fondos europeos e canalizados polo Ministerio de Emprego.
MOBILIDADE
Satisfacción no Concello cos avances no proxecto da plataforma peonil da estación intermodal
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade participou esta tarde en Madrid nunha reunión entre as administracións implicadas na construción da futura estación intermodal, na que se analizaron os avances no proxecto da plataforma peonil vinculada á infraestrutura. Jorge Duarte manifestou a súa satisfacción coa solución na que está traballando o estudo arquitectónico de Juan Herreros, "porque responde ás demandas do Concello en canto a accesibilidade e integración no...