ALCALDÍA

O alcalde participa na I edición da CompostelEmma

14/06/2021

O Colexio Emma, situado na rúa da Virxe da Cerca, convidou o alcalde compostelán e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, a participar na I edición do seu particular Camiño de Santiago e o obter a "CompostelEmma".

Ler máis

MEDIO RURAL

Visita á rúa Santa Teresa Jornet, onde se investiron 175.000 euros na primeira fase de rexeneración do firme

12/06/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron hoxe o remate das obras de "Rexeneración e reforzo estrutural do pavimento da calzada da Rúa de Santa Teresa Jornet (1ª fase)" na parroquia de Bando. A actuación tivo un orzamento de adxudicación de 174.982 euros e un prazo de execución de catro meses.

Ler máis

DEPORTES

Santiago acolle este domingo os campionatos de Galicia de milla e de un quilómetro en ruta

11/06/2021

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou o "XII Campionato de Galicia de Milla en ruta 2021 e das categorías sub 18, sub 20 e sub 23 e máster" e o "XII Campionato de Galicia de un quilómetro en ruta das categorias sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16"; acompañada de Iván Sanmartín, delegado da Federación de Atletismo de Santiago, e vicepresidente da estrutura territorial da Federación. As distintas probas, nas que se inscribiron máis de 400 atletas, desenvolveranse o próximo domingo, día...

Ler máis

COMERCIO

O departamento de Comercio programa actividades de dinamización de rúa todas as fins de semana de xuño dentro da campaña Eu merco aquí

11/06/2021

Dado o éxito acadado polos eventos de dinamización de rúa durante a festa do comercio local Prima21 os pasados 3,4 e 5 de xuño, desde o departamento de Comercio apóstase por continuar coa programación lúdico-cultural para todos os públicos durante todos os fins de semana do mes de xuño. Así o anunciou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a técnica de Comercio, Lucía Castro.

Ler máis

IGUALDADE

En marcha a convocatoria de 2021 de subvencións a programas e actividades en prol da igualdade

11/06/2021

Dende mañá, sábado 12, e ata o 28 de xuño está aberto o prazo para a presentación de solicitudes á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2021.

Ler máis
Compartir: