XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a concesión da licenza para a séptima fase de despregamento da fibra óptica na cidade histórica

08/02/2021

A Xunta de Goberno Local acordou conceder a Orange España Comunicaciones Fijas, S.L., a licenza para realizar a séptima fase do plan de despregamento da rede de fibra óptica na cidade histórica, que conta cun orzamento de execución material de 25.259,35 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, "pouco a pouco se vai contemplando toda a améndoa, co obxectivo, xa anunciado de que en Semana Santa estea instalado en toda a cidade histórica".

Ler máis

MEDIO RURAL

Comeza a primeira fase das obras de rexeneración e reforzo do pavimento da calzada da Rúa Santa Teresa de Jornet

08/02/2021

Hoxe, 8 de febreiro, comezou a execución da primeira fase das obras de "Rexeneración e reforzo estrutural do pavimento da calzada da Rúa Santa Teresa de Jornet", na parroquia de Bando, promovidas pola Concellería de Medio Rural. As obras enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve o departamento que dirixe José Manuel Pichel, en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.

Ler máis

PRESIDENCA E RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Santiago será escenario dun ambicioso proxecto de mobilidade aérea de vehículos

06/02/2021

O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, reuniuse cunha representación do ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia) para comezar coa coordinación do proxecto AMU-LED, no que colabora o concello de Santiago de Compostela. AMU-LED é un proxecto H2020 da Comisión Europea, que ten como principal obxectivo demostrar a integración segura de distintos tipos de operacións con drons no ceo das nosas cidades e contribuír con iso ao desenvolvemento regulatorio e normativo.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Asinado o convenio para a execución e explotación da nova EDAR de Santiago, que se prevé que estea operativa en 2026

05/02/2021

De forma telemática asinouse esta mañá o convenio para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta entre o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a directora xeral de Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), Rosa Cobo; e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Tamén estivo presente no acto o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán.

Ler máis

ALCALDÍA

Arrancan as reunións cos sectores máis afectados pola pandemia para a posta en marcha da terceira convocatoria de axudas

05/02/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou en rolda de prensa que a semana que vén se reunirá coas entidades representantes dos sectores que máis de preto están a sufrir as consecuencias da pandemia para pór en marcha un terceiro plan de axudas. Tamén se referiu, na súa comparecencia semanal dos venres, ao recén asinado convenio para a construción da EDAR.

Ler máis

SMARTIAGO

O proxecto CPI de mobilidade smart, pioneiro en Europa a nivel de innovación, permitirá controlar e predecir os fluxos de vehículos e peóns na cidade histórica

04/02/2021

Os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte; e de Mobilidade, Gonzalo Muíños, presentaron hoxe, xunto a Juan Marín, director do departamento de Cidades da empresa Kapsch, o proxecto CPI (Compra Pública Innovadora) de mobilidade smart. "O proxecto estrela de SMARTiAGO", como o definiu Guinarte, "porque é o que acapara un maior volume de recursos económicos e porque, probablemente é o que vai ter unha maior visibilidade e influencia no desenvolvemento futuro de cuestións fundamentais para a nosa cidade, como o control de...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago estrea páxina web e unha aplicación interna que mellora a súa organización

04/02/2021

Dous voluntarios da agrupación de Protección Civil, Diego Barreiro e Patricia Otero, enxeñeiros informáticos de formación, puxeron en marcha unha páxina web coa que poñer en valor o traballo da entidade. Este aplicativo tamén conta cunha ferramenta interna que facilita e axiliza a organización dos dispositivos, entre outras funcións. Presentárona en rolda de prensa, acompañados polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños.

Ler máis

TURISMO

Varias cidades españolas, entre elas Santiago de Compostela, impulsan unha asociación para a cocreación de contidos turísticos culturais

04/02/2021

Os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Turismo, Sindo Guinarte, participaron, vía telemática, no primeiro encontro para constituír o Consello Español de Contidos Turísticos, e elaborar un plan estable de coprodución de contidos de interese turístico liderado dende as cidades do grupo impulsor da iniciativa. Estas cidades son, xunto a Santiago de Compostela, Barcelona, Palma de Mallorca, San Sebastián, Bilbao, Málaga e Valencia.

Ler máis
Compartir: