EMPREGO

Talentia Summit abre o prazo de inscrición para todas as actividades de formación e emprego

12/11/2021

A web de Talentia Summit comezou a inscrición en ofertas de emprego, videochamadas con empresas, cursos de formación, certificacións oficiais e webinars entre moitas outras actividades e xa rexistrou máis de 2.000 inscricións e actividades e 10.000 usuarios nas primeiras 24 horas dende a súa apertura. A programación completa do evento, que se celebrará do 15 ao 26 de novembro no edificio Fontán da Cidade da Cultura, foi presentada en rolda de prensa polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o técnico...

Ler máis

CONSORCIO

Xuntanza da Comisión Executiva do Consorcio

12/11/2021

A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde de Santiago e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un xuntanza esta mañá na súa sede.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E EDUCACIÓN

O Concello de Santiago oferta 360 prazas de conciliación para este Nadal

11/11/2021

Os concelleiros de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e o de Educación, Rubén Prol; informaron hoxe dos programas de conciliación de ambos departamentos para o período de Nadal, que unidos aos da concellaría de Medio Rural, suman 360 prazas. Todas as actividades que se van desenvolver son de balde, agás os obradoiros das Escolas Infantís.

Ler máis

TURISMO

En marcha a XIII edición de Santiago(é)Tapas

10/11/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras, inauguraron o XIII Santiago(é)tapas, que se celebrará do 11 ao 28 de novembro. O grupo achegouse ata o local gañador da tapa tradicional na pasada edición do concurso, Casa dos Xacobes, na rúa da Algalia de Abaixo 33, para probar o petisco que presenta nesta ocasión.

Ler máis

SMARTIAGO

Preséntase o proxecto de desenvolvemento de algoritmos avanzados de modelado e simulación peonil, enmarcado en Smartiago, que permitirá deseñar novas estratexias de mobilidade sostible

10/11/2021

O proxecto de investigación e desenvolvemento de algoritmos avanzados de modelado e simulación peonil, enmarcado en Smartiago, permitirá deseñar novas estratexias que fomenten unha mobilidade máis sostible e contribuir a sustentabilidade medioambiental. Presentárono hoxe o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, e responsable do proxecto Smartiago, Sindo Guinarte; e Lorena Rosende e Diego Piñeiro, CEO e responsable da área de Smart Cities, respectivamente, de Itera Técnica, a empresa adxudicataria do...

Ler máis

SMARTIAGO

Presentado el proyecto de desarrollo de algoritmos avanzados de modelado y simulación peatonal, enmarcado en Smartiago, que permitirá diseñar nuevas estrategias de movilidad sostenible

10/11/2021

El proyecto de investigación y desarrollo de algoritmos avanzados de modelado y simulación peatonal, enmarcado en Smartiago, permitirá diseñar nuevas estrategias que fomenten una movilidad más sostenible y contribuir a la sostenibilidad medioambiental. Lo presentaron hoy el concejal de Presidencia, Relaciones Institucionales y Turismo, y responsable del proyecto Smartiago, Sindo Guinarte; y Lorena Rosende y Diego Piñeiro, CEO y responsable del área de Smart Cities, respectivamente, de Itera Técnica, la empresa adjudicataria del proyecto.

Ler máis

TURISMO

Santiago(é)tapas regresa este xoves con 59 tapas a concurso

09/11/2021

O certame volve tras ter que suspenderse en 2020 pola pandemia con 59 tapas a concurso e tamén 23 cócteles. Ademais, estréase unha nova ruta veggie con opcións para persoas vexetarianas, veganas ou flexitarianas. Os detalles foron presentados en rolda de prensa poloo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez.

Ler máis
Compartir: