XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica dúas novas obras na zona rural

04/04/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación de dúas novas obras na zona rural, por un importe de 641.846 euros. Tamén se adxudicaron 13 solicitudes de renovación da autorización de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para 2022, que se suman ás 27 aprobadas a semana pasada.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago anima a cidadanía a participar na III Festa do Banquete

01/04/2022

Tras dous anos de parón motivado pola pandemia, volve a Festa do Banquete á Carballeira de Conxo o 20, 21 e 22 de maio. O Concello de Santiago e a Comisión creada ao efecto está preparando un amplo programa de actividades para esa fin de semana e chaman á participación de toda a veciñanza nas distintas modalidades posibles. O programa completo darase a coñecer en vindeiras datas.

Ler máis
Compartir: