ALCALDÍA
O alcalde visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade de Vista Alegre
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade que se están realizando no barrio de Vista Alegre, incluídas no programa Urbana Santiago Norte. No percorrido estivo acompañado por integrantes da Asociación de Veciños de Vista Alegre e polos concelleiros Luis Meijide e José María Rosende.
CULTURA
"Sorrow and Joy" e "Güeros", citas imprescindibles do domingo en Cineuropa
Con permiso de Güeros, a película deste domingo é Sorrow and Joy, de Nils Malmros. Non só pola crúa e realista historia, senón pola presenza do cineasta para debater co público. O mellor para o espectador desta película é asistir á súa proxección o máis inocentemente posible, sen informarse sobre ela. A cita é no Salón Teatro ás 19:45 h, tras o pase das 17:00 h de Pain of love, da que tamén poderemos debater co propio Malmros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Concerto da Banda Municipal cun programa de músicas do cine español
Segunda cita con Cine Classics Música, actividade paralela do programa Compostela Cine Classics. Este domingo 23 de novembro, ás 12:30 horas, a Banda Municipal de Música ofrecerá o concerto didáctico Músicas do cine español no Centro Sociocultural de Santa Marta.
TURISMO
Intensa campaña de promoción das Cidades Patrimonio en Estados Unidos
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade acaba de concluír unha intensa campaña de promoción dos seus destinos culturais nos Estados Unidos, que se desenvolveu do 17 ao 20 de novembro, con presentacións dos seus destinos nos estados norteamericanos de California e Florida. Esta campaña, que se realizou en colaboración con Turespaña a través das súas oficinas de turismo en Los Ángeles e Miami, contou tamén coa participación de Madrid Destino, entidade que xestiona a promoción turística da...
ORZAMENTOS
O Concello contará en 2015 cun orzamento de 102,6 millóns de euros, o de maior gasto social e investimento produtivo da lexislatura
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, presentaron en rolda e prensa o orzamento do Concello de Santiago para o ano 2015, que ascende a 102,6 millóns de euros. Trátase dun orzamento expansivo que presenta o maior nivel de gasto social e investimento produtivo da lexislatura.
CONSORCIO
Rematan as obras de retellado da cuberta do claustro da Colexiata do Sar
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago iniciou a principios de setembro o retellado parcial da cuberta do claustro da Colexiata do Sar. As obras, destinadas a resolver os problemas de humidades e filtracións que afectaban ao templo, centráronse nos corpos norte, sur e oeste da cuberta do claustro. O orzamento global desta intervención, levada a cabo pola empresa Construcciones Orega, S.L., ascendeu a 54.651,66 euros.
CULTURA
Redrum Teatro presenta "Roedores" este domingo no Auditorio Abanca
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou esta mañá a estrea absoluta de Roedores, de Redrum Teatro, acompañado dos seus protagonistas: Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña. A estrea será este domingo no Auditorio Abanca ás 18:30 horas, dentro do ciclo Infantil & Familiar. O luns e o martes repetirán a obra, pero xa pola mañá e dirixido aos escolares dentro do Programa Didáctico.
CULTURA
Elefantes presenta o seu novo traballo, "El Rinoceronte", no Compostela Rock
Tras coñecer o pasado mes de outubro a boa noticia do seu regreso aos escenarios despois de oito anos, Elefantes presentará o seu álbum, El rinoceronte, en Galicia. Será este sábado 22, ás 21:30 horas, na Sala Capitol e dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas para este concerto poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, aberta de 15:30 a 22:00 horas, en Ticketea ou en A Reixa Tenda a un prezo de 14 euros anticipada e 18 euros o propio día do concerto.
SERVIZOS SOCIAIS
Xornada lúdica no Palacio de Congresos para reivindicar os dereitos do neno
A Concellería de Servizos Sociais organizou no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia unha programa lúdico para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do Neno, celebrado o día anterior. A titular do Departamento, María Corral, achegouse ao recinto para vivir esta xornada cos máis pequenos.
CULTURA
Paulo Branco recibe o premio Cineuropa
O acontecemento do día na xornada do sábado 22 é a entrega do Premio Cineuropa ao prolífico e activo produtor portugués Paulo Branco de mans da concelleira de Cultura, María Antón. Tras a cerimonia, que se celebrará no Teatro Principal ás 20:30 horas, proxectarase The Casanova Variations, unha das súas últimas producións. A película de Michael Sturminger combina ópera e teatro de vodevil, con John Malkovich interpretando ao mítico sedutor.