MEDIO AMBIENTE

Ortiga porá o peche á campaña #VotaCarballo

17/11/2021

O artista Ortiga súmase á campaña para que o Carballo de Conxo se convirta en Árbore Europea 2022 e dará un concerto este venres 19 na praza Aurelio Aguirre, un día antes de que se peche a fase nacional do certame, que finaliza o sábado ás 23.59 h. As entradas son de balde e poden retirarse no Teatro Principal o xoves e o venres (10.00 a 14.00 horas) co único requisito de votar pola árbore.

Ler máis

EDUCACIÓN

Marina Gibert recibe mañá o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados" pola obra Selva

17/11/2021

A xerundense Marina Gibert recibirá mañá o "Premio internacional Compostela para álbums Ilustrados", pola obra "Selva", gañadora desta décimo cuarta edición do concurso, convocado polo concello de Santiago coa colaboración da editorial Kalandraka. O acto de entrega terá lugar ás 12:30 h.; no Salón Nobre do Pazo de Raxoi. As librerías Couceiro, San Pablo, Follas Novas e Merlín e Familia, xa teñen decorados os escaparates coa obra premiada.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a modificación da ordenanza para fraccionar o pago de distintos tributos e a concesión da axudas para actividades de promoción e dinamización comercial

17/11/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou, inicialmente, a modifiación da ordenanza que regula o pago de tributos, para incorporar o abono personalizado; e a concesión das "Axudas á realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago para o ano 2021", por un importe total de 74.285,28 euros.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Un total de 35 finalistas aspiran a gañar os V Premios Youtubeiras na gala de entrega presentada por Tanxugueiras

16/11/2021

O xurado, constituído por Fernando Ramallo, Adrián Lede, Noemí García, Sonia Méndez e Esther Estévez, escolleu como finalistas na categoría de Youtubeira/o a Olanxonmario, Neeumátiko e Cousxs. Os dous primeiros tamén aspiran a levar a galardón de Canle, xunto a O Son das ideas. Youtubeiras recupera neste 2021 a gala presencial, que este ano se celebrará na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) o venres 26 ás 20.00 h. Os convites para asistir como público están dispoñibles dende hoxe...

Ler máis

MEDIO RURAL

Visita ás obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán

13/11/2021

O pasado mércores, no marco das obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán promovidas pola Concellería de Medio Rural do Concello de Santiago de Compostela, iniciouse a instalación do novo taboleiro para a ampliación da sección transversal da ponte. O alcalde e o concelleiro de Medio Rural estiveron presentes no inicio desta fase das obras e puideron comprobar a complexidade da operación.

Ler máis
Compartir: