ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Música ofrecerá catorce concertos dentro do segundo ciclo de "Camiños Sonoros"

11/01/2022

"Rutas e Sinfonías" é o título que agrupa os catorce concertos que dará a Banda Municipal de Música nos vindeiros cinco meses. O programa, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, David Fiuza, conta cun oferta ecléctica que combina diferentes estilos e orixes para poder adaptarse a todos os gustos.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

O alcalde de Salamanca asume a presidencia das Cidades Patrimonio co obxectivo de impulsar a recuperación turística cun novo plan operativo

11/01/2022

O rexedor de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, é o novo vicepresidente segundo e presidente da Comisión de Educación, Cultura e Deporte. O Grupo celebrará o seu día en FITUR o 21 de xaneiro coa primeira Asemblea do ano e a presentación dos plans de acción con Turespaña e Paradores. Antes da celebración da Feira Internacional, a Comisión Executiva do GCPHE aprobará os seus orzamentos para 2022.

Ler máis

FESTAS

Os Reis Magos chegan a Santiago para recibir os nenos e nenas composteláns en Bonaval

05/01/2022

Este 5 de xaneiro foi, un ano máis. diferente para os Reis Magos, que tamén tiveron que cumprir coas restricións para a contención da pandemia. No canto de saudar os nenos na tradicional cabalgata polas rúas da cidade, as súas Maxestades de Oriente recibiron os cativos e cativas de Compostela na Igrexa de Bonaval. Tamén se achegou o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Concello recorda cunha ofrenda floral a figura de Valle-Inclán

05/01/2022

O cemiterio de Boisaca acolleu hoxe a ofrenda floral ao escritor e dramaturgo, Ramón María del Valle Inclán por parte do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia, do Museo Valle-Inclán e dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa. O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, destacou a figura do dramaturgo e escritor, a súa vinculación con Compostela, e a importancia da súa obra; igual que a do polifacético galeguista, Isaac Díaz Pardo. Os dous faleceron un 5 de xaneiro. O primeiro do...

Ler máis
Compartir: