URBANISMO
Un edificio sostible e integrado no entorno para recuperar a Alameda como lugar de lecer e convivencia
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, o arquitecto César Coll e o promotor da futura cafetería do paseo da Ferradura da Alameda presentaron o proxecto deste edificio. Será un inmoble acristalado, de materiais e funcionamento sostible, que integrará as árbores existentes e que contribuirá a recuperar a Alameda como un espazo de lecer e de convivencia.
CULTURA
Cordovani e Portela ofrecen a estrea absoluta de "Divina Garbo" dentro de Teatro & Danza
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Roberto Cordovani e Bruno Portela, da Compañía Internacional de Teatro Arte Livre presentaron a estrea absoluta de Divina Garbo dentro do ciclo Teatro & Danza. O espectáculo, dirixido por ambos, poderá verse no Teatro Principal os días 20, 21 e 22 de febreiro ás 21:00 horas. As entradas para o espectáculo, a 12 euros, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.
URBANISMO
A Comisión Asesora do Casco Histórico dá o visto bo á rehabilitación da residencia do convento da Ensinanza
A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica María Pardo informou dos asuntos tratados na última reunión da Comisión Asesora do Casco Histórico. Entre estes citou o informe desfavorable á colocación duns indicadores na Catedral e o visto bo á rehabilitación do convento do Colexio da Compañía de María ou da Ensinanza.
ALCALDÍA
O alcalde analizou cos veciños do Romaño as principais necesidades do barrio
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios concelleiros mantiveron unha xuntanza cos integrantes da Asociación de Veciños Ponte do Romaño.
XUVENTUDE
Inaugurada a mostra "Entre viñetas. Relatos e soños gráficos do IES de Sar"
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, inaugurou a exposición Entre viñetas. Relatos e soños gráficos do IES de Sar, que estará aberta ata o 9 de marzo no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Prazas dispoñibles nos programas "Imos de Excursión" e "Cultura Viva"
A Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais comunica que aínda quedan prazas para as próximas actividades dos programas Imos de Excursión e Cultura Viva. Fai túa Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde analizou cos veciños as necesidades máis urxentes de Lavacolla
O alcalde compostelán visitou Lavacolla para analizar de primeira man as necesidades desta parroquia de San Paio de Sabugueira. Ángel Currás comprometeuse a ir atendendo as demandas máis urxentes dentro das posibilidades orzamentarias.
XUVENTUDE
Xuventude organiza unha nova Semana Santa de aventura para 40 mozos e mozas en Pena Aventura (Portugal)
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou o Programa de Ocio e Aventura en Semana Santa. Tras o éxito da primeira edición en 2012, renóvase a aposta por esta oferta de turismo activo e deporte de aventura a desenvolver do 25 ao 27 de marzo no Parque Pena Aventura, en Ribeira da Pena (Portugal). Esta proposta terá unha segunda entrega, de cinco días, no mes de xullo.
DEPORTES
O duro e vistoso circuíto do Monte do Gozo acolle o II Cross de Compostela
O vindeiro domingo 17 de febreiro, a especialidade atlética do campo a través ten unha nova cita no duro circuíto do Monte do Gozo. Será no II Cross de Compostela, froito da colaboración entre a Federación Galega de Atletismo e o Concello de Santiago. Esta proba será tamén Campionato Galego de Veteráns de Campo a Través.
ALCALDÍA
A Semana Santa de Santiago de Compostela súmase ás redes sociais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou o programa da Semana Santa 2013, celebración que nesta edición se suma ás redes sociais co fin de facilitar a súa difusión e promoción. Serán 16 procesións, que poderán ser seguidas en tempo real, e diversos cultos e actos litúrxicos.