ALCALDÍA
Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de creación literaria "Literatela"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou o obradoiro de creación literaria Literatela (Literatura de Compostela). Na rolda tamén estiveron o escritor Suso de Toro, que imparte o curso, e a secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Mercedes Queixas, entidade que organiza a actividade xunto co Concello.
CONSORCIO
Unha nova publicación recolle 179 cartas que o pintor Carlos Maside mantivo con intelectuais da época como Seoane, Castelao, García Lorca, Díaz Pardo ou Laxeiro
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside. O vindeiro mércores 29, ás 19:00 horas, presentarase na Fundación Gonzalo Torrente Ballester nun acto aberto ao público.
FESTAS
Música, xigantes e cabezudos e o espectáculo dos Fogos, na xornada do 24 do Apóstolo
A xornada do 24 de xullo ten como prato forte un dos eventos máis esperados das festas: o espectáculo nocturno dos Fogos do Apóstolo. Será na praza do Obradoiro a partir das 23:30 h, deseñados este ano por Acciona Producciones e Diseño-Pirotecnia Ricasa. Pero hai outras moitas citas na xornada, que comeza ás 12:00 h co Encontro de Xigantes e Cabezudos na praza da Quintana e xa ás 12:30 h na do Toural. A partir das 22:00 h teremos concerto de Linda Martini na praza da Quintana, onde tamén estarán, pero xa ás 24:00 h...
FESTAS
Artellando pon fin a seis días de actividade cultural por toda a cidade e o rural de Santiago cunha exitosa resposta do público
Despois de seis días de programación cultural por toda a cidade e o rural de Santiago de Compostela, Artellando chegou o xoves ao seu punto e final dentro das festas do Apóstolo 2015, cunha notable resposta por parte da cidadanía e con éxito de público en todos os espectáculos que se celebraron.
FESTAS
Imelda May levou o rockabilly máis xeuníno ao escenario da praza da Quintana
O rock and roll e o rockabilly xenuíno de Imelda May foron protagonistas na xornada do xoves das festas do Apóstol. Este foi o día no que tamén se pecharon as actividades do programa Artellando e no que a Banda ofreceu o seu segundo concerto das festas.
ALCALDÍA
O Concello sorteará 25 convites dobres para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo de convidados a carón do Hostal
Cumprindo o compromiso do Goberno local de abrir o espazo municipal e os seus actos á cidadanía, o Concello vai sortear 25 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar os Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado para convidados a carón do Hostal dos Reis Católicos.
FESTAS
Imelda May e o peche da programación de Artellando coa Romaría Cativa de Bonaval, na xornada do xoves das festas do Apóstolo
Artellando pon punto e final á súa programación este xoves pola tarde con Mamá Cabra, María Fumaça, danza, circo, obradoiros e xogos infantís na Romaría Cativa de Bonaval que se celebra de 16:00 a 21:00 horas. Na xornada deste xoves teremos tamén Artellando nos barrios e nos recunchos pola mañá e á noitiña; concerto da Banda Municipal xunto a Cantigas e Agarimos en Praterías ás 20:00 h e pechamos o día con Imelda May e Rockin’ Corsarios ás 21:00 h na praza.../em>
FESTAS
Xornada de circo e folk nas festas do Apóstolo
O parque de Belvís converteuse este mércores nun gran parque do circo, grazas á Gala de Novo Circo Compostelán Circompostela, organizada por Culturactiva e por PistaCatro dentro da programación Artellando das festas do Apóstolo 2015. Ao tempo, pero na praza da Quintana, soou o folk de formacións como Pepe Vaamonde Grupo ou Tis Che Tein.
ALCALDÍA
Concello e TSXG colaborarán na busca de protocolos que permitan detectar antes os casos de desafiuzamento
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse na Coruña co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, co que falou sobre desafiuzamentos. A vontade municipal é a de buscar fórmulas de colaboración que permitan detectar con maior precocidade estes casos, non nos seus estados finais, de xeito que os servizos sociais poidan actuar antes e con máis eficacia.
CONVIVENCIA
Seguridade no Apóstolo, recomendacións e reforzo do servizo de transporte urbano
A Concellería de Medio Ambiente e Convivencia comunica que, por motivos de seguridade restrinxirase o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño á Praza do Obradoiro a noite do 24 de xullo. Na mañá do 25 de xullo, durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, a restrición afectará á propia Praza do Obradoiro e á Catedral.