PLENO
A Casa das Mulleres levará o nome de Xohana Torres
A Casa das Mulleres, que se está a acondicionar no antigo local de Emuvissa, levará o nome de Xohana Torres. A decisión estaba adoptada dende hai meses, e fóralle xa comunicada á escritora antes do seu falecemento, o pasado 12 de setembro.
Así se recolle na declaración institucional aprobada no Pleno de hoxe, na que os catro grupos da Corporación fan constar o seu pesar polo pasamento de Xohana Torres e mostran a súa vontade de facerlle un último recoñecemento á traxectoria vital e profesional da autora....
CONSORCIO
Aberto ata o 23 de outubro o prazo de solicitude das axudas para realizar obras no exterior dos edificios da cidade histórica
No marco do programa Ter é manter, o Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros a axudas para obras no exterior dos edificios da cidade histórica. O prazo para presentarse a estas axudas remata o vindeiro 23 de outubro.
ALCALDÍA
A Corporación aproba o Plan de Igualdade 2017-2020
O Pleno do Concello de Santiago aprobou o IV Plan de Igualdade (2017-2020), cos votos favorables de CA, PSdeG-PSOE e BNG e a abstención do PP. Entre os obxectivos deste Plan están o apoio a mulleres vítimas de violencia machista, o impulso da inserción laboral das mulleres en situación vulnerable e a mellora das súas condicións de traballo. O orzamento total é de 322.000 euros para un período de tres anos.
DEPORTE
Rematadas as obras no campo de fútbol das Cancelas e no pavillón polideportivo das Fontiñas
A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou esta mañá o campo de fútbol das Cancelas, onde se levaron a cabo obras durante os meses de verán. Ademais desta instalación, tamén se acometeron obras no polideportivo das Fontiñas. O Concello destinou a estas dúas obras preto de 100.000 euros, procedentes do remanente de tesourería.
TURISMO
Santiago promociónase na feira turística máis importante de Xapón
Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama, grazas a colaboración conxunta entre a Santiago e Tanabe. Deste xeito, Santiago pode chegar tanto ás persoas interesadas en viaxar a España como ás que buscan a espiritualidade...
ALCALDÍA
O Concello requírelle á herdeira de Franco a devolución das estatuas do Mestre Mateo
O Goberno local vén de enviarlle a Carmen Franco Polo un requirimento para que recoñeza que as estatuas do Mestre Mateo que conserva a súa familia na Casa Cornide da Coruña son propiedade do Concello de Santiago, e para que as poña a disposición da institución municipal no prazo máximo de quince días.
ACCIÓN CULTURAL
O espectáculo "_nybble_", de Álex Augier, inaugura na Sala Capitol a décimo cuarta edición do festival Curtocircuíto
A Sala Capitol acollerá a inauguración da décimo cuarta edición de Curtocircuíto o sábado 30 de setembro ás 21:00 horas, nunha festa con entrada gratuíta protagonizada por Alex Augier e o dúo portugués Vive Les Cônes.
ALCALDÍA
O proxecto "Herdeiras" estréase este sábado no Teatro Principal
O proxecto Herdeiras, no que participa o Concello de Santiago, foi presentado este mércores en Raxoi nunha rolda de prensa na que participaron a primeira tenente de alcalde, María Rozas; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a creador do proxecto, Carme Penim, e a coreógrafa Xiana Vilas. Herdeiras conta historias de mulleres que quedaron silenciadas logo da Guerra Civil. Estréase este sábado 23 de setembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
A Xunta Local de Seguridade avalía as medidas adoptadas tras os atentados de Cataluña
O alcalde, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiron este mércores unha reunión da Xunta Local de Seguridade, convocada a petición do Concello.
COMERCIO
A escultura "Ríos de Ferro", realizada por corenta artistas da forxa, xa engalana o entorno da carballeira do Restollal
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitaron esta mañá a escultura de forxa Ríos de Ferro. A gran onda, realizada por máis de 40 ferreiros e ferreiras. Na visita estiveron os artistas Óscar Aldonza e Santiago Martínez, así como os voceiros do PSOE e o PP, Paco Reyes e Agustín Hernández.