POLÍTICAS DE IGUALDADE

O Concello de Santiago recoñecerá, cunha homenaxe o 8 de marzo, o labor a prol da igualdade de distintas mulleres e colectivos da nosa cidade

19/02/2022

O Concello de Santiago vai homenaxear, o 8 de marzo, a varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade; e que se distinguen polo seu labor a prol da igualdade. O acto, que se desenvolverá baixo o lema "Mulleres de Compostela", terá lugar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o luns, 7 de marzo, ás 19:00 h.; e recoñece a traxectoria profesional e vital de distintas mulleres que día a día contribúen a construír unha cidade máis igualitaria, máis social e máis humana.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello leva plantados máis de 5.000 carballos no marco da campaña #1Voto1Árbore

18/02/2022

En paralelo áo proceso de votación no que o Carballo de Conxo está a competir polo título de Árbore Europea de 2022, o Concello de Santiago lanzou a campaña #1voto1árbore coa que pretende reforestar os espazos naturais de Santiago, unha iniciativa que conta coa implicación de diferentes colectivos da cidade como empresas, institutos ou colexios. Nesta ocasión foi o Grupo Albia quen participou nunha plantación que prevé a incorporación de máis de 800 carballos na zona do Polígono do Tambre.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A análise do Consello Económico e Social revela que un de cada cinco empregos do ámbito cultural galego se atopa en Santiago

18/02/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa algunhas das conclusións obtidas polos grupos de traballo do Consello Económico e Social, que celebrou xuntanza o pasado luns, 14 de febreiro. Nese encontro deuse conta do documento de "Actualización da análise da evolución da situación socioeconómica de Santiago de Compostela" e da "Análise e diagnose da Axenda Urbana de Santiago".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O comercio e a hostalería do Ensanche repartirán marcapáxinas e pousavasos co lema "Rosalía ben merece unha praza"

18/02/2022

114 establecementos do Ensanche, do ámbito comercial e da hostalería, participarán nas iniciativas de homenaxe a Rosalía de Castro impulsadas pola Asociación de Veciños Raigame, e nas que colaboran distintas entidades, entre elas o Concello de Santiago. Entre o 21 e o 27 de febreiro, os comercios do Ensanche agasallarán á súa clientela cun marcapáxinas co lema "Rosalía ben merece unha praza" e os nomes dos restaurantes que ofrecen caldo de gloria. E os locais de hostalería distribuirán un...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Departamento de Educación Viaria da Policía Local leva as campañas "Ti controlas, ti decides" e "Asegura a túa vida" ás aulas dos institutos

17/02/2022

"Ti controlas, ti decides" e "Asegura a túa vida" son os lemas das campañas que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local está levando ás aulas de 1º de Bacharelato e 3º da ESO dos institutos da cidade durante os meses de xaneiro e febreiro. Estas actividades están deseñadas especificamente para estes mozos e mozas, próximos á idade de obtención do carné de conducir, co fin de proporcionarlles información de primeira man sobre as causas polas que se producen os...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Compostela celebra o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun programa especial de actividades

16/02/2022

O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez o próximo 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. No marco desta efeméride, o Concello de Santiago ofrecerá unha programación especial que darán comenzó o vindeiro sábado 19 de febreiro e que inclúe, ademáis dos actos institucionais, actividades culturais e roteiros.

Ler máis

DEPORTES

Santiago acolle esta fin de semana o XVI Open Compos de Esgrima e o II Torneo de Boxeo Olímpico

16/02/2022

A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente do Club Garage Compostela, Manuel Blanco, e o representante do Club Compostela de Esgrima, Xosé Piñeiro, presentaron hoxe en rolda de prensa os campionatos das disciplinas olímpicas de esgrima e boxeo que terán lugar esta fin de semana nos pavillóns do Restollal e de Santa Isabel.

Ler máis
Compartir: