EMPREGO
Emprego imparte máis de 1.800 horas de formación en tres novas accións
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, deu conta do inicio de tres novas accións formativas, nas que se impartirán máis de 1.800 horas lectivas ata o mes de decembro. Trátase dos cursos denominados Montaxe e mantemento de instalacións solares e térmicas, Operacións de fontanería e calefacción-climatización e Xestión contable e xestión administrativa para auditoría.
PARQUES E XARDÍNS
O Concello realizará un estudio para avaliar o estado do arborado da praza de León
A concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, achegouse ao barrio de Pontepedriña para comprobar in situ o estado do parque e do seu arborado, logo de que o pasado mércores o temporal que afectou á cidade provocase a caída dunha árbore cara a vía pública, sen que houbese que lamentar danos físicos ou materiais. O estudo, que será feito nun prazo de 10 días, permitirá coñecer polo miúdo o estado do arborado circundante á praza de León, e eliminar calquera risco...
ALCALDÍA
Santiago de Compostela renovou a súa devoción por San Roque
Como cada 16 de agosto, a cidade renovou o seu voto a San Roque nun acto ao que asistiu boa parte do Goberno municipal e que estivo presidido polo alcalde compostelán, Angel Currás.
TURISMO
Reparada a senda peonil do Camiño de Santiago entre A Esquipa e San Marcos
A alcaldesa en funcións e concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, percorreron un treito do Camiño de Santiago (Camiño Francés) comprendido entre o Lugar do Pontillón, á marxe do río Lavacolla, ata San Marcos, co fin de comprobar de primeira man o estado das obras de rehabilitación levadas a cabo nesa área por parte da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dentro do termo municipal de Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
Reyes Leis anima os 88 alumnos de Música en Compostela a ser embaixadores da cidade
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, recibiu os participantes no Curso Universitario Internacional de Música Española, no marco do tradicional programa Música en Compostela. Esta edición número 55 rematará o sábado 18 de agosto.
ECONOMÍA
A Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados unifica os seus servizos web en torno ao CERSIA Empresa
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou a web www.cersiaempresa.org, web da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados que será a principal plataforma de intermediación e información para a cidadanía en materia de economía, comercio e mercados.A concelleira estivo acompañada da técnica responsable do servizo de Economía do Concello, Carme Casado. A nova web estará activa a partir do mércores 15.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi aos scouts españois
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, recibiron en Raxoi os integrantes das distintas organizacións federadas de ASDE-Scouts de España que participan no Campamento Federal de Rovers, que nesta ocasión tiña como destino Santiago.
ECONOMÍA
Un novo curso toma o Camiño de Santiago como exemplo para a planificación dunha estratexia corporativa
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o Curso de Planificación Estratéxica: Perseguindo unha meta. Da estratexia medieval ao éxito empresarial, que ten por obxectivo preparar aos asistentes en planificación estratéxica empresarial, axudándolles a porse obxectivos e metas así como a acadalos de xeito estruturado. O curso desenvólvese dentro do programa Santiago Investors Support, que ten por obxectivo contribuír á dinamización económica da cidade. A concelleira e alcaldesa en.../em>
XUNTA DE GOBERNO
O remodelado parque de Ramírez estará listo para a primavera de 2013
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou a apertura do procedemento de contratación do proxecto de subministro do parque de Ramírez, no que o Concello vai investir 411.000 euros. Está previsto que esta actuación estea rematada en febreiro de 2013.
EDUCACIÓN
A rotación dos menús ou a promoción de hábitos saudables serán criterios valorables na adxudicación dos comedores escolares
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, informou en rolda de prensa das obras de reparación e mantemento que se están a realizar nos centros de primaria e escolas infantís, así como do procedemento para a contratación do servizo de comedor escolar. Ademais, recordou que están expostas as listas de admitidos na Escola Infantil de Salgueiriños.