TURISMO

Sindo Guinarte reúnese coa dirección da Asociación Hostalería Compostela

12/08/2021

O concelleiro de Turismo e alcalde en funcións, Sindo Guinarte, reuniuse hoxe cunha representación da nova directiva da asociación Hostalería Compostela, encabezada polo seu presidente, Thor Rodríguez. Entre os asuntos tratados, figura, segundo sinalou Guinarte, o programa "Santiago (é) Tapas" que se vai manter e ao que se lle vai dar "máis pulo", no marco "das condicións sanitarias nas que sexa posible" desenvolvelo.

Ler máis

BARRIOS E OBRAS

Javier Fernández informa sobre as obras que se están acometendo na cidade, un total de 34, cun investimento superior aos dez millóns de euros

11/08/2021

O responsable de Barrios e Obras, Javier Fernández, informou en rolda de prensa do estado de execución de distintas actuacións que se están realizando na cidade. Son un total de 34, cun investimento superior aos dez millónes de euros. Entre elas as da rúa de Concheiros, con "un axuste de prazos", debido, explicou, a distintos imprevistos que foron xurdindo, o máis destacado "un cambio de pluviais que non estaba contemplado". O concelleiro reiterou que "a nosa prioridade é a boa execución da obra".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas

09/08/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas (adestramentos) e actividades físicas durante a tempada 2021/22 que se publicarán mañá na web do concello. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde en funcións, Sindo Guinarte.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A residencia Colapsoloxías despide esta semana mes e medio de experimentación colectiva arredor do son

09/08/2021

O encontro Colapsoloxías, un espazo aberto ao intercambio e á investigación arredor son e das súas interseccións, chega esta semana á súa recta final. Promovido por Colapso Colectivo e concibido como unha residencia artística aberta á cidadanía, marcou a axenda cultural do verán con concertos, presentacións, paseos, e laboratorios de creación ideados para achegar unha nova forma de se relacionar coa paisaxe sonora de Compostela e aguilloar unha perspectiva crítica na escoita e na...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde de Santiago participa na presentación da PEJ, que convertirá a Compostela en capital da xuventude en 2022

07/08/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na presentación da Peregrinación Europea da Xuventude (PEJ) a Santiago de Compostela, que se celebrará do 3 ao 7 de agosto de 2022, xunto ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio; o bispo auxiliar de Valencia e presidente da Subcomisión Episcopal para a Mocidade e a Infancia da Conferencia Episcopal Española (CEE), Arturo Pablo Ros, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.

Ler máis
Compartir: