EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Mais de 250 nenos e nenas participaron ao longo do verán no Programa Municipal de Conciliación
O edil de Educación, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP Raíña Fabiola para facer balance do programa de conciliación que se celebrou durante o verán neste centro e no Monte dos Postes. O programa continuará ata o día 11 de setembro.
IGUALDADE
Quince novos concellos amosan o seu interese pola campaña "En negro", que botou a andar coa primeira xuntanza preparatoria
O CERSIA acolleu esta mañá unha xuntanza de coordinación e preparación da cuarta edición da campaña En negro contra as violencias, na que participaron representantes de 60 concellos e das deputacións da Coruña e Lugo, da man das súas deputadas en materia de Igualdade.
ALCALDÍA
O Ministerio de Transición Ecolóxica desbota definitivamente a localización do Souto para a futura EDAR
O Ministerio de Transición Ecolóxica desbota definitivamente o proxecto da EDAR do Souto, e asume o compromiso de viabilizar a localización alternativa da Silvouta. Así o confirmou o director xeral da Auga, Manuel Menéndez, na reunión que mantivo esta mañá co alcalde, Martiño Noriega, e co concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
MOBILIDADE
A rúa de Clara Campoamor será un bulevar urbano con amplos espazos para a mobilidade peonil e ciclista
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe o anteproxecto elaborado pola empresa Proyfe, adxudicataria da redacción do proxecto básico de reurbanización da rúa de Clara Campoamor. Jorge Duarte explicou que a proposta persegue, ademais de dar servizo á futura estación intermodal, "darlle ao viario o tratamento de rúa urbana, mellorar a conectividade peonil e favorecer a mobilidade ciclista". A partir de agora, a empresa e o Concello traballarán para definir o proxecto de...
ALCALDÍA
O Concello colabora no I Maxistral de Xadrez Cidade de Compostela
Do 5 ao 13 de setembro, o comedor do Pazo de Fonseca acollerá o I Maxistral de Xadrez Cidade de Compostela, un evento que conta coa colaboración do Concello. O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na presentación do torneo, nunha rolda de prensa na que salientou que "esta competición servirá para ir quecendo motores de cara ao Mundial de Xadrez nas categorías sub-8, sub-10 e sub-12, que se celebrará en Santiago no próximo mes de novembro".
ALCALDÍA
O alcalde recibe o embaixador británico
O alcalde recibiu este martes o embaixador británico en España, Simon Manley, que asinou no libro de honra da cidade. Ambos conversaron sobre cuestións de interese para os cidadáns británicos que residen en Santiago e en Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
"Commedia", un dos grandes fitos do teatro galego, volve ser posta en escena en Compostela 25 anos despois
Commedia volve a ser posta en escena 25 anos despois do éxito da súa estrea. Con boa parte do equipo creativo orixinal e agardando repetir o favor do público, a obra estará no Teatro Principal do 5 ao 8 de setembro. Serán cinco funcións, das que deron conta en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director da obra, Cándido Pazó; o director musical, Fernando Reyes, e os actores Víctor Mosqueira e Nuria Sanz.
ACCIÓN CULTURAL
Varios espazos singulares da cidade acollen a terceira edición de HerDanza
Compostela acolle a terceira edición de HerDanza, Festival de Danza Contemporánea en Espazos Herdados, do 3 ao 8 de setembro. Este envento busca a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espazos máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza ofrece diversas actividades en torno á danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de.../em>
ALCALDÍA
O alcalde móstralle o seu apoio ao persoal do 061
O alcalde recibiu hoxe aos/ás representantes da Xunta de Persoal do 061 na área de Santiago. Martiño Noriega mostroulles o seu apoio aos traballadores e traballadoras, que se atopan en folga indefinida para reclamar unha compensación xusta polo traslado forzoso dos seus postos dende Santiago á Estrada.
OBRAS
Comezan as obras de mellora da accesibilidade na rúa Dublín de Fontiñas
Este luns comezaron as obras de mellora de accesibilidade da rúa Dublín, no barrio de Fontiñas. Trátase dunha actuación derivada do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide, á que se van destinar case 60.000 euros.