ALCALDÍA

A Xunta de Goberno aproba o convenio para a renovación e acondicionamento da pista do Estadio de Atletismo do Campus Vida

26/11/2021

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria celebrada hoxe, aprobou o convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación Provincial da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela para a renovación e acondicionamento da pista do Estadio de Atletismo situada no Campus Vida.

Ler máis

PLENO

O Pleno dá luz verde ao inicio do procedemento para a creación dunha sociedade mercantil de actividade urbanística

25/11/2021

O Pleno da Corporación celebrou hoxe o pleno ordinario do mes de novembro, 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller e que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista. Entre os asuntos máis destacados, o Pleno acordou o inicio do procedemento para a creación dunha sociedde mercantil de actividade urbanística e aprobou dúas declaracións institucionais.

Ler máis

IGUALDADE

Compostela lembra este 25N as vítimas da violencia machista cunha homenaxe na praza 8 de marzo

25/11/2021

O Concello de Santiago súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller este 25 de novembro. Ás 12.00 h da mañá, asociacións feministas foron recibidas no Pazo de Raxoi polos membros da Corporación e para as 19.00 horas desta tarde darase lectura ao manifesto institucional e descubrirase unha placa en homenaxe ás vítimas desta lacra na praza 8 de marzo.

Ler máis

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Os V Premios Youtubeiras darán a coñecer mañá en Bertamiráns o palmarés deste 2021 nunha gala presentada por Tanxugueiras

25/11/2021

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, darán a coñecer mañá as gañadoras e gañadores da súa quinta edición. Tras a paréntese do ano pasado, os galardóns recuperan neste 2021 a entrega presencial cunha gala que se celebrará na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20.00 h e que estará conducida polo grupo Tanxugueiras.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello e Compostela Inserta poñen en marcha a campaña de concienciación ambiental "E ti, onde o botas?"

24/11/2021

O Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Urbaser e a través da empresa de inserción laboral Compostela Inserta EIL, pon en marcha a campaña de sensibilización cidadá "E TI, ONDE O BOTAS?" co obxectivo de darlle unha maior visibilización aos diferentes lugares habilitados para desbotar os residuos xerados nos fogares da cidadanía compostelá mediante accións informativas e formativas. Presentárona en rolda esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; o coordinador de...

Ler máis

EDUCACIÓN

Microconcertos polo Día Internacional da Música

24/11/2021

A Escola Municipal de Música está a celebrar durante esta semana -do 22 ao 25 de novembro -uns microconcertos para conmemorar o Día Internacional da Música, cuxa efeméride é o día 22 pero que fan extensivo a toda a semana. Diferentes espazos da sede da Escola de Música serven de escenario ás distintas actuacións.

Ler máis
Compartir: