CONSORCIO
A gaiteira Cristina Pato pecha a temporada da Real Filharmonía de Galicia coa estrea de "Viúvas de vivos e mortos"
A Real Filharmonía de Galicia pon esta semana o broche final á súa tempada de abono con tres concertos. O primeiro será o xoves no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. O venres, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o sábado tocará ao aire libre no compostelán Parque Eugenio Granell, ás 12:30 horas, para o público máis novo e para as familias, dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!. Neste último concerto, as...
EMPREGO
A Mesa polo Emprego analiza os obxectivos para o Foro da Innovación no Emprego
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá unha nova xuntanza da Mesa polo Emprego para dar conta do desenvolvemento do FIE 2016 (Foro da Innovación no Emprego), que terá lugar os días 15 e 16 de xuño no Palacio de Congresos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Segundo taller "Xoga e aprende con enerxía!"
Este sábado realizouse o segundo taller Xoga e aprende con enerxía! a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este taller está dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos, que a través de divertidos xogos aprenden a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan de xeito cotiá. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o obradoiro a última hora da mañá.
LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
O Concello de Santiago celebrou con teatro, música, coloquios e intervencións artísticas os cen anos das Irmandades da Fala
O Concello de Santiago súmase este sábado á celebración do centenario das Irmandades da Fala. Faino cun amplo programa de actividades, integrado por teatro, música, mesas redondas, intervencións artísticas, monicreques e un acto central previsto no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, a partir das 19:30 horas.
ALCALDÍA
Poesía e música no acto central do centenario da Irmandade da Fala de Santiago
O Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, acolleu esta tarde o acto central da conmemoración do centenario da Irmandade da Fala de Santiago, nunha xornada chea de actividades por toda a cidade histórica. No acto, o alcalde anunciou a instalación dunha placa conmemorativa para homenaxear a Luis Porteiro Garea.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a cesión de tres pisos a FEAFES para acoller a persoas sen teito
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio para a cesión de tres vivendas á Federación de Asociacións de Familiares de Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes), que serán utilizadas por persoas sen teito que se atopen nunha situación severa de exclusión social.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listas definitivas de admitidos, excluídos e de agarda nas escolas infantís de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
A Xunta de Goberno aprobou as listaxes definitivas de admitidos, excluídos e listas de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017. Entre o día 1 e o 15 de xuño, as familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2016-2017 deberán achegarse á escola infantil correspondente para proceder á formalización da matrícula.
COMERCIO
Finaliza a primeira fase do Plan Estratéxico de Comercio 2016-2019 coa realización dunha rolda de entrevistas con axentes do sector
O Plan Estratéxico de Comercio 2016-2019 entra na súa segunda fase despois de que a Concellaría de Desenvolvemento Económico dera por finalizadas as entrevistas a axentes e colectivos comerciais da cidade. É a primeira vez que se fai un plan totalmente participativo, onde o resultado será o conxunto das achegas realizadas polos axentes do sector.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o concelleiro de Economía e Facenda de Madrid, Carlos Sánchez Mato
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Madrid, Carlos Sánchez Mato.
LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
O Panteón de Galegos Ilustres acolle este sábado o o acto central de conmemoración do centenario das Irmandades da Fala
O Concello de Santiago sumarase este sábado, 28 de maio, á celebración do centenario das Irmandades da Fala. Farao cun amplo programa de actividades e cun acto central no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, a partir das 19:30 horas.