MOBILIDADE
Abre "O balcón das Brañas", a cafetería da nova estación Intermodal de Santiago de Compostela
O local terá horario de 06.00 ás 24.00 horas e ofertará servizos a viaxeiros e tamén á cidadanía de Santiago para desfrutar das vistas ás brañas do Sar. Inclúe unha proposta gastronómica para ‘balconear’, un espazo ‘chill out’ e a programación de actividades culturais e artísticas. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá o acto de apertura.
ACCION CULTURAL
Compostela lembra a figura do humanista Victoriano García Martí, coa colocación dunha placa no edificio onde viviu
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e Fernando Bermejo Rubio, sobriño-neto de Victoriano García Martí, descubriron hoxe unha placa no edificio da rúa das Orfas, número 17, onde viviu este humanista, xornalista, ensaista, escritor, e "defensor de Galicia".
PLENO
O Pleno aproba o expediente de crédito de 75.000 euros para a posta en marcha dos Bonos Corazón San Pedro-Concheiros
Nunha sesión extraordinaria celebrada esta mañá, o Pleno da Corporación deu luz verde ao expediente de crédito por importe de 75.000 euros para pór en marcha os "Bonos Corazón", o programa de bonos de consumo no comercio e hostalería, neste caso para o barrio de San Pedro-Concheiros.
DEPORTES
Arranca no Multiúsos Fontes do Sar a Liga Nacional infantil de Karate coa participación de case 700 nenos e nenas de toda a xeografía española
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo presidente da Federación Galega, Óscar Lafuente, e o presidente da Federación Española de Karate, Antonio Moreno, inaugurou o certame esta tarde. 648 nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, pertencentes a 18 federacións autonómicas competirán polos títulos nas diferentes categorías.