LINGUA
O Concello anima os nenos e nenas a xogar na rúa co programa "A rúa é nosa! Territorio Xogantín"
O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Lingua, pon en marcha por segundo ano consecutivo o programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín. A concelleira Marta Lois foi hoxe a encargada de presentar o proxecto, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada pola técnica do Departamento de Lingua, Soco García.
POLÍTICAS SOCIAIS
Asinados dous novos convenios co Colexio de Avogados de Santiago e coa Plataforma polo Emprego
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asinou esta mañá dous novos convenios co Colexio de Avogados e a Plataforma polo Emprego para o desenvolvemento de accións durante este 2017. A contía dos mesmos ascende a 25.000 euros.
FESTAS
A Banda Municipal colabora con Emilio Rúa e Treixadura nos seus próximos concertos das festas do Apóstolo
O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe os próximos concertos que ofrecerá a Banda Municipal de Música no marco da programación do Apóstolo, e nos que a formación contará coa colaboración doutros grandes artistas e músicos do país. Así, a Banda estará acompañada mañá xoves na praza de Praterías polo cantautor Emilio Rúa, e o domingo 30 subirá ao escenario da Quintana con Treixadura e Cantigas e Agarimos.
FESTAS
Santiago e Padrón renovan os seus lazos de irmandade
As festas do Apóstolo celebraron este mércores o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.
FESTAS
Continúan as festas con chave, góspel e hip hop
Seguen as festas do Apóstolo cun xoves de actividades culturais, musicais e deportivas entre as que destacan as continuacións dos ciclos TerraZeando e Compostela é! Música.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa en agosto un obradoiro de elaboración dun forno solar e un roteiro
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) tamén ten actividade durante o mes de agosto, para o que programou un obradoiro de elaboración dun forno solar e un roteiro interpretativo polo parque de Belvís.
FESTAS
A banda neoiorquina Nada Surf actuará o venres en Compostela en substitución de Macy Gray
O Concello de Santiago lamenta comunicar a cancelación do concerto da cantante americana Macy Gray, programado para o venres 28 de xullo ás 22:30 horas dentro da programación das festas do Apóstolo.