ACCIÓN CULTURAL
O Concello e a Asociación Cultural Rocha Forte organizan un campamento de verán para nenos e nenas de entre 9 e 11 anos
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou acompañada de Carlos Delgado, presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, e de María del Mar Bóveda, directora de Caixal Proxectos Culturais, o Campamento de Verán Rocha Forte. É o primeiro ano que se celebra este campamento, que terá lugar na Rocha entre o 11 e o 22 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Máis de 180 nenos e nenas participan no Programa de Conciliación de Verán
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP das Fontiñas, un dos centros educativos onde comezou hoxe o Programa de Conciliación de Verán organizado polo Concello de Santiago.
DEPORTE
Santiago aspira a ser sede en 2018 do Campionato do Mundo Xuvenil de Xadrez
O concelleiro responsable de Deporte, Rafael Peña, acompañado doutros membros da Corporación, recibiu en Raxoi unha delegación da Federación Internacional de Xadrez.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC acolle en xullo unha exposición sobre aves e unha charla sobre a avespa asiática
Este mes de xullo, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), ademais das actividades habituais, haberá unha xornada sobre a situación da Vespa velutina en Galicia a cargo de Suso Asorey, da Asociación Galega de Apicultura. Unha exposición e un obradoiro sobre aves, unha actividade sobre consumo responsable e un novo roteiro completan o programa.
CONSORCIO
O Consorcio presenta os resultados da investigación sobre as humidades que afectan ao lousado da Capela do Cristo de Conxo
A elevada humidade no interior da Capela do Cristo da Igrexa de Santa María de Conxo, e en particular o escurecemento húmido que afecta á totalidade do lousado do chan, levou ao Consorcio de Santiago a encargar un estudo a un arquitecto experto neste eido. A finalidade é obter un diagnóstico e avaliación das lesións existentes, xunto cunha proposta de actuación para solucionar este problema.