ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan o colexio de Aspanaes
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitaron esta mañá o colexio e o centro de atención temperá de Aspanaes, a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Espectro Autista da Coruña. No percorrido polas instalacións, localizadas en Lamas de Abade, estiveron acompañados pola presidenta do colectivo, María José Álvarez Folgar, e polo director do colexio, Alberto Silva.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Nacen Compostela Art e Compostela Eco co obxectivo de asentarse como feiras estables
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou, acompañada do presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, e do seu secretario, Delmiro Prieto, as feiras Compostela Art e Compostela Eco, que se celebrarán entre o 5 e o 8 de maio na praza Roxa e na Carreira do Conde.
FESTAS
A Feira Cabalar en Amio e os concertos de Fred Wesley e Aurora & The Betrayers protagonizan o xoves da Ascensión
O Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio) acolle no día da Ascensión a tradicional feira cabalar, pola que en 2015 pasaron máis de 10.000 persoas. Ás 10:30 horas é a apertura de inscricións nos concursos morfolóxicos puntuables, dos que hai confirmadas xa 16 ganderías de pura raza galega procedentes de Oza-Cesuras, Ferrol, San Sadurniño, Vimianzo, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Muras, Brión e Boqueixón.
FESTAS
O público e o bo tempo acompañaron a primeira xornada da Ascensión
As Festas da Ascensión arrancaron este mércores con varias actividades musicais e bo tempo, que sacaron á rúa a veciños e visitantes. O concerto estrela da xornada celebrouse na praza da Quintana, co Santiago 40 Pop.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Compostela recibiu o alumnado vasco e galego que participa na Regueifesta
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu este mércores no edificio Cersia a un encontro regueifeiro no que interviñeron alumnado galego e vasco e as regueifeiras Sara Marchena e Alba María. Xunto ao edil estiveron Iñaki Iturriotz, Lur Olabarri, Izarne Aguirre, Illart Gumuzio, Sechu Sende e Manolo Maseda, os profesores do País Vasco e de Galicia que organizaron a Regueifesta. O acto estaba aberto ao público e nel tamén participaron activamente varios centros educativos composteláns, como o IES...
ACCIÓN CULTURAL
Delrevés Danza Vertical presenta este venres "Uno" dentro do circuíto Danza a Escena
Delrevés Danza Vertical presenta Uno este venres dentro de Danza a Escena. Trátase dun circuíto artístico promovido polo INAEM e desenvolvido por La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales de titularidade pública e que recala este ano por vez primeira Santiago de Compostela. Este espectáculo poderemos velo a partir das 19:00 horas na praza da Peixería Vella con entrada libre. Tras o ballet de Carmen Roche que xa puidemos ver o pasado mes e este novo espectáculo, Danza a Escena.../em>
CIDADES PATRIMONIO
O cuarteto La Pampa ofrece un concerto en Santiago dentro do III Ciclo de Música de Cámara das Cidades Patrimonio
O Cuarteto La Pampa ofrecerá un concerto este venres, 6 de maio, dentro do III Ciclo de Música de Cámara das Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Será ás 20:00 horas na igrexa de san Domingos de Bonaval, con entrada libre ata completar aforo. Este cuarteto está formado por Eva Rabchevska e Roxana Wisniewska, violíns; Cristina Cordero, viola; e Alejandro Viana, violonchelo.