XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno autoriza o reinicio das obras pendentes da 1º fase en Vista Alegre
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste venres, autorizou o reinicio das obras da fase 1 suspendidas no seu día no barrio de Vista Alegre. Tamén se procedeu á prórroga por un ano máis dos servizos de recollida do lixo, da conservación e mantemento do cemiterio de Boisaca e da xestión da Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños.
POLÍTICAS SOCIAIS
Máis de 370 deportistas participarán na XXI edición dos xogos "Special Olympics"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou xunto ao presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e un representante de ASPAS, a 21ª edición dos Xogos Minoritarios "Special Olympics" que organizan ambas entidades. Celebrarase este sábado, 9 de abril, no Multiúsos Fontes do Sar.
DEPORTE
O III Torneo Viravolta Santiago reunirá máis de 400 ximnastas de toda Galicia
Mañá sábado, 9 de abril, o Pavillón Municipal de Santa Isabel acollerá o III Torneo Viravolta Santiago de ximnasia rítmica, no que participarán máis de 400 ximnastas de toda Galicia.
CONSORCIO
A voz de Santiago Auserón soará coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia poñeralle música á voz do cantante e compositor zaragozano Santiago Auserón. Será nun concerto conxunto que se celebrará o próximo 15 de xuño en Santiago de Compostela. A cita terá lugar na sede da orquestra, o Auditorio de Galicia, baixo a dirección do mestre Ricardo Caseiro.
ALCALDÍA
O alcalde sumouse aos actos de celebración do Día Internacional do Pobo Xitano
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, clausurou no Centro Sociocultural de Fontiñas os actos de celebración do Día internacional do Pobo Xitano. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participara previamente na inauguración.
CONSORCIO
A Casa do Cabido reúne 50 fotografías de Xurxo Lobato en homenaxe a Rosalía
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de inauguración de Airiños Aires, Rosalía, unha exposición de instantáneas na que o fotógrafo galego Xurxo Lobato rende homenaxe a Rosalía de Castro. A mostra, coa que colabora o Consorcio de Santiago, exhíbese na Casa do Cabido, na Praza das Praterías.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a vontade de modificar a ordenanza de vaos e insiste en que non se están a enviar requirimentos masivos ás comunidades de propietarios
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, aproveitou a rolda de prensa da Xunta de Goberno para reiterar o compromiso municipal, ratificado en pleno por unanimidade da Corporación, de modificar a Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública no que ten que ver cos vaos da cidade. En calquera caso, ata dispor da normativa modificada e no marco legal actual, indicou que a vontade segue a ser a de non facer requirimentos masivos de reparación, senón unicamente nos casos nos que conste denuncia a través...
ESPAZOS CIDADÁNS E DEREITO Á VIVENDA
Axudas do programa de rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago
O luns 4 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocan as subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, no marco do Plan Estatal de Vivenda 2013-2016.