EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Iniciada a edición de setembro do Programa de Conciliación do Verán
Este martes, 1 de setembro, iniciouse a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación para as Familias do Verán 2015, que se desenvolverá do 1 ao 9 de setembro nas instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, compartiu cos nenos e nenas asistentes e co equipo de monitores uns minutos para coñecer a oferta de actividades para estas xornadas.
ESPAZOS CIDADÁNS
As obras en Vista Alegre reiniciaranse a vindeira semana unha vez feitos os axustes necesarios para a terceira fase
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, anunciou que as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade de Vista Alegre poderán reiniciarse a vindeira semana. Isto é posible unha vez feitos os axustes necesarios nas dúas primeiras fases para poder levar a bo termo a fase III, cuxo procedemento de contratación tamén comezará en breve.
ACCIÓN CULTURAL
Noite Curta presenta unha selección das películas máis exitosas da pasada edición do Festival Internacional Curtocircuíto
O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, que se celebra na cidade do 6 ao 11 de outubro, abre boca con dúas sesións de Noite Curta, ambas ás 21:30 horas na praza das Praterías. A primeira será este mércores 2 de setembro e nela poderemos ver unha selección das películas máis exitosas da pasada edición de Curtocircuíto. O vindeiro mércores, 9 de setembro, chegará a segunda das citas, cunha noite de cinema de vangarda na rúa en colaboración co.../em>