EDUCACIÓN
Representada a obra de primaria gañadora do XX Certame de Teatro Intercentros
Este mércores representouse no Teatro Principal a obra premiada de educación primaria do XX Certame de Teatro Intercentros, realizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela. Escenificouse a obra Extraescolar, do grupo de teatro do Colexio San Jorge.
ALCALDÍA
Protección Civil de Santiago conta cun novo vehículo para o rescate de feridos
O alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, presidiu o acto de entrega á agrupación de Protección Civil de Santiago dun quad que será empregado fundamentalmente para labores de rescate en zonas illadas e de montaña.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa a I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais
Este sábado 13 de xuño continúan as representacións dos clubs de teatro dos centros socioculturais na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta, no marco da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado. Serán tres os clubs que pasen nesta xornada polo escenario. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.
CONSORCIO
Oitenta e un novos músicos aspiran a unha das 18 prazas para o curso de posgrao de Especialización Orquestral que imparte a Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO), recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional. Naceu hai catro anos como unha experiencia pioneira en toda España.
CULTURA
Concerto da Banda Municipal de Música dedicado ao xénero da zarzuela
A Banda Municipal de Santiago ofrecerá o seu habitual concerto dos xoves ás 20:00 horas na praza das Praterías. Desta vez, baixo a batuta do director adxunto Casiano Mouriño, a formación repasará algunhas das obras máis representativas do xénero da zarzuela.
CULTURA
A Jigsaw presenta o seu novo disco, "No true magic", dentro do Compostela Rock
A Jigsaw, dúo de Coímbra, presenta o seu último traballo, No true magic, este xoves 11 de xuño dentro do ciclo Compostela Rock. Será na Fundación SGAE ás 21:00 horas. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), no teléfono 902 434 443 ou na web entradas.abanca.com. Teñen un prezo de 5 euros anticipada e de 7 euros o día do concerto.