CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o verán" ofrece un ano máis un amplo calendario de propostas lúdicas para todos os públicos entre os meses de xuño e setembro
Chega unha nova edición de Vive o verán, o programa da Rede Municipal de Centro Socioculturais co que o Concello anima os composteláns a gozar do tempo libre destes meses de xuño, xullo, agosto e setembro nos parques e prazas da cidade e no entorno das parroquias. A iniciativa, dirixida a todos os públicos, comprende diversas propostas, algunhas xa habituais na programación anual dos centros socioculturais e outras totalmente novidosas.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen este mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
TURISMO
As cidades Patrimonio promocionan a súa oferta turística en Xapón e Corea
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participa nunhas Xornadas Directas apoio á comercialización en Xapón e Corea que se desenvolverán ata este xoves 28 de maio, organizadas pola Oficina de Turismo de Turespaña da capital nipona e dirixidas a máis de 170 axencias e turoperadores e 380 axentes de viaxe de Osaka, Tokyo e Seúl.
CULTURA
Gabino Diego, Antonio Hortelano e Antonio Garrido presentan a comedia "Nuestras mujeres" dentro do ciclo Teatro 2015
Gabino Diego, Antonio Hortelano e Antonio Garrido chegan este mércores a Compostela para presentar a comedia Nuestras mujeres, de Eric Assous. Dirixida por Gabriel Olivares, poderemos vela no Auditorio Abanca a partir das 20:30 horas, dentro da programación do ciclo Teatro 2015.