TURISMO
Santiago será escenario da gravación dun vídeo promocional o 27 de maio
14/05/2015
Ler máis
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou en Alcalá de Henares na reunión da Comisión de Representación, Promoción e Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Na xuntanza acordouse, entre outros asuntos, que Santiago de Compostela será obxecto da gravación dun vídeo promocional o día 27 de maio.
FESTAS
Milleiros de persoas presenciaron no Recinto Feiral Amio os concursos e exhibicións da Feira Cabalar da Ascensión
14/05/2015
Ler máis
O Recinto Feiral de Amio acolleu unha nova edición da tradicional Feira Cabalar da Ascensión. O evento reuniu milleiros de persoas para presenciar os concursos e exhibicións.
FESTAS
A Banda Municipal e o Cantorum Compostellana Conjunctio ofreceron un concerto especial na praza das Praterías
14/05/2015
Ler máis
Con motivo das Festas da Ascensión, a Banda Municipal de Música de Santiago, baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis, e o Cantorum Compostellana Coniunctio ofreceron un concerto especial na praza das Praterías.