ALCALDÍA
Máis de 5.000 escolares de Santiago e comarca participarán na XV Campaña Municipal de Animación á Lectura
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou na Galería Sargadelos a XV Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora, que este ano leva por título "Ler é voar". A día de hoxe, xa están inscritos para participar nas actividades 3.200 escolares de escolas infantís e centros e infantil e primaria de Santiago e comarca. A previsión é superar os 5.000 participantes.
ECONOMÍA
O programa Urbano Norte promove a actividade empresarial durante esta semana a través de diversos módulos formativos
A Concellería de Economía organiza ata o 27 de marzo o programa Urbano Norte de promoción da actividade empresarial. O programa está dirixido a persoas emprendedoras, emprendedores, traballadores, persoas desempregadas e veciños, que teñen estes días a oportunidade de asistir a diversos módulos formativos. Todos eles impártense nun autobús histórico de 25 prazas. Este programa organízase dentro do Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
DEPORTES
A MediaSan do Camiño alcanza a súa segunda edición co ánimo de converterse nunha referencia no calendario atlético galego
O Centro Comercial Compostela acolleu a presentación do II Medio Maratón MediaSan do Camiño, que se celebrará o domingo 12 de abril e que transcorrerá pola última etapa do Camiño de Santiago entre Arca (O Pino) e a praza do Obradoiro. Os detalles da proba foron explicados nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Deportes, María Corral; o alcalde do Pino, Manuel Taboada; o responsable de Relacións Externas de El Corte Inglés, José Manuel Blanco; o delegado en Santiago da Federación...
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece un concerto este xoves no Círculo das Artes de Lugo
A Real Filharmonía de Galicia ofrece este xoves, 26 de marzo, un concerto no Círculo das Artes de Lugo, ás 20:30 horas. Dirixirá a orquestra o mestre xamaicano Andrew Gourlay. Nesta cita reflectirase a paixón polo Clasicismo a través de Haydn e Beethoven. Como contraste e complemento, tamén se escoitará a música do compositor finés Jean Sibelius.
CONSORCIO
Concerto dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais no Paraninfo da Universidade de Santiago
No marco do programa A Escola na Cidade, que promove a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, este mércores, 25 de marzo, celebrarase un novo concerto protagonizado polos alumnos do curso de posgrao do centro. Terá lugar ás 20:00 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. A entrada é gratuíta ata completar aforo. A duración estimada desta actuación é dunha hora.
CULTURA
Trece novos espectáculos no ciclo Teatro 2015
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa do ciclo Teatro 2015 para o que queda de ano. Serán 13 novos espectáculos que se veñen unir ás cinco propostas xa realizadas no primeiro trimestre e que traerán á cidade o mellor do teatro español en xira. Calidade dos textos e dos actores e actrices que os poñerán sobre as táboas son o denominador común das propostas que poderemos ver no Teatro Principal,...
ALCALDÍA
Santiago acollerá en xullo a reunión anual de directores do Instituto Cervantes
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu o secretario xeral do Instituto Cervantes, Rafael Rodríguez-Ponga, quen lle comunicou que a cidade será sede da próxima Reunión Anual de Directores da institución na segunda quincena do vindeiro mes de xullo. Na xuntanza falaron sobre esta cita, que congregará durante varios días aos máximos responsables do Cervantes para marcar as liñas de actuación do curso seguinte. Na reunión participaron tamén a concelleira de Cultura e Patrimonio,...
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Santiago súmase á Hora do Planeta
Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, a última fin de semana do mes de marzo celébrase a Hora do Planeta ou Earth Hour, impulsada polo World Wide Fund for Nature (WWF) a nivel mundial. Santiago de Compostela volverá a sumarse a esta cita.
EDUCACIÓN
Alumnos de sexto de primaria do CEIP Raíña Fabiola visitan Salamanca grazas ao programa "Aula de Patrimonio"
Un grupo de 25 alumnos e alumnas do CEIP Raíña Fabiola están visitando a cidade de Salamanca como premio por ser os vencedores deste ano do programa Aula de Patrimonio, unha iniciativa organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que ten como obxectivo que o alumnado que vive e estuda nunha cidade patrimonio aprenda a coñecer e valorar non só a súa cidade, senón tamén o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO.
CULTURA
Matarile Teatro presenta "Hombres bisagra" dentro da programación do ciclo Danza 2015
O Teatro Principal acolle o último traballo de Matarile Teatro, veterana compañía compostelá con case 30 anos de historia ás costas cuxas producións e traxectoria mereceron numerosos galardóns. Hombres bisagra é unha proposta escénica híbrida que se achega máis á idea de concerto que á de representación teatral. Poderemos vela este mércores e de novo xoves e venres, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Danza 2015.