EDUCACIÓN
Aberta a inscrición no Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa
A concelleira de Educación, Maite Cancelo, presentou o Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa 2015, que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril nas instalacións dos CEIP As Fontiñas, Roxos-Villestro e Raíña Fabiola. O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de marzo.
CULTURA
Dezasete concertos do 27 de marzo ao 5 de abril na novena edición do Festival de Músicas Contemplativas
O Festival de Músicas Contemplativas chega á súa novena edición, fiel á súa vocación de combinación dos patrimonios musical e artístico. Dezasete concertos encherán de música a Semana Santa compostelá, entre o 27 de marzo e o 5 de abril, en diferentes espazos singulares da cidade: o Auditorio de Galicia, a Cidade da Cultura, a Capela da Orde Terceira, os conventos do Carme de Arriba e de Santa Clara e as igrexas de San Domingos de Bonaval, San Miguel, San Paio de Antealtares, San Fiz de Solovio e a da...
MULLER
O CIM organizou unhas xornadas para reforzar os vínculos entre pais e fillos
A Concellería de Servizos Sociais, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organizou esta fin de semana, na Casa das Asociacións de Benestar Social en Salgueiriños, o programa Desconexión. Consiste en encontros lúdicos e terapéuticos, dirixidos a mulleres e as súas fillas e fillos menores con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, co fin de reforzar vínculos materno-filiais e socio-afectivos, reforzando o ocio e tempo libre conxunto de nais e fillos/as.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
A Policía Local de Santiago detén dous homes pola subtracción dun vehículo
A Policía Local de Santiago detivo na madrugada do venres ao sábado pasado, arredor das 5, dúas persoas por un delito de furto de uso dun vehículo.