XUNTA DE GOBERNO
O Concello concede a licenza para o novo Centro de Acollida de Peregrinos en Carretas
A Xunta de Goberno deu o visto bo á licenza de obra para o Centro de Acollida de Peregrinos que o Arcebispado de Santiago construirá no número 33 da rúa Carretas. Tal como explicou o alcalde, Agustín Hernández, autorízase así a rehabilitación do edificio para o seu novo uso, a través dun proxecto que conta cun orzamento de execución de 1.076.464 euros –achegado pola Axencia de Turismo de Galicia- e un prazo de execución de 6 meses, desenvolverase nunha finca que ten unha superficie total de 6.547 m2, dos que...
XUNTA DE GOBERNO
Hernández anuncia a adxudicación das obras do Centro Xove de Creación Cultural
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a adxudicación pola Xunta de Goberno local das obras do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, por un importe de 199.560 euros e un prazo de execución de seis meses. O edificio estará situado a carón do CEIP Apóstolo Santiago e da Escola Municipal de Música.
XUNTA DE GOBERNO
Licitado o servizo de mantemento da iluminación e das instalacións eléctricas municipais por 1,2 millóns de euros anuais
A Xunta de Goberno aprobou a apertura do procedemento de contratación do servizo de mantemento da iluminación pública, das instalacións eléctricas dos locais municipais e das instalacións de iluminación ornamental dos monumentos do Concello. O tipo de licitación é de 1.257.043 euros/ano.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello prepara a XVII Festa dos Maiores
Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno iniciou o procedemento para contratar a organización dunha nova edición da Festa dos Maiores, que un ano máis se celebrará no marco das Festas da Ascensión. O Concello volverá asumir 2/3 do prezo deste xantar, polo que os asistentes deberán pagar só 7 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Novas edicións dos certames de danza e de teatro para centros escolares
A Xunta de Goberno aprobou as memorias e orzamentos das novas edicións dos certames intercentros de danza e teatro, nos que participarán, 7 e 12 centros escolares, respectivamente.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Recital poético-musical para conmemora o Banquete de Conxo
Este sábado 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, ás 18:30h, é a data escollida para facer un acto poético-musical de celebración do Banquete de Conxo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia e alumnos do Conservatorio de Santiago ofrecen un concerto para o público familiar este sábado
Músicos da Real Filharmonía de Galicia e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, únense para ofrecer un concerto para o público familiar. A cita terá lugar este sábado, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia. Os xoves músicos teñen así a oportunidade de tocar, ao lado de músicos profesionais, o repertorio propio dunha grande orquestra. Levará a batuta o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da...
EDUCACIÓN
Publicada a listaxe de admitidos no Programa Municipal de Conciliación da Semana Santa
Finalizado o prazo para a solicitude de participación no Programa de Conciliación Laboral e Familiar para a Semana Santa 2015, organizado polo Departamento de Educación, faise pública a listaxe de admitidos/as no programa que, finalmente, ao non acadar a matrícula mínima, só se realizará no CEIP As Fontiñas.
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Alumnos de primeiro curso da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela visitan o Concello
Un grupo de alumnos e alumnas de primeiro curso da facultade de Ciencias Políticas da USC visitaron esta mañá o Pazo de Raxoi para coñecer de primeira man o funcionamento da Administración local.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O sector TEIC presentará en Santiago de Compostela solucións innovadoras que melloran a calidade de vida das cidades
A terceira edición do Congreso Cidades Dixitais, a tecnoloxía aplicada a un novo concepto de sociedade, terá lugar os días 21 e 22 de abril en Santiago de Compostela, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Nel presentaranse os últimos avances en tecnoloxía Smart para cidades, rexidos baixo os principios de desenvolvemento sustentable, innovación tecnolóxica e eficiencia na xestión, destinados a mellorar os servizos que se prestan aos cidadáns.