ACCIÓN CULTURAL
O Outono Fotográfico regresa aos Centros Socioculturais
A XXXIII edición do festival ten programadas 87 exposicións en toda Galicia e en Portugal, das que sete serán en Compostela. O certame traerá a Santiago catro accións formativas relacionadas coa fotografía.
ORZAMENTOS E MOCIDADE
26 mozos e mozas forman o Grupo Motor que artellará o proceso de orzamentos participativos en Mocidade
A primeira xuntanza no CSCXM do Ensanche reuniu a máis de 30 persoas que se interesaron polo proceso e aprobaron o regulamento de participación.
ALCALDÍA
Martiño Noriega expresa a solidariedade do Concello coas Marchas da Dignidade
O alcalde recibiu a unha representación da plataforma, que o sábado se concentrará na Praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
O alcalde recibe a súa homóloga en Lourdes
Martiño Noriega reuniuse esta mañá cunha delegación da cidade francesa de Lourdes, encabezada pola súa alcaldesa, Josette Bourdeu. Na xuntanza tamén participou a concelleira de Turismo, Marta Lois.
EDUCACIÓN
O concelleiro de Educación recibe no Concello a 18 profesores asiáticos que participarán nos cursos internacionais da USC
Os participantes son expertos en linguas hispánicas e en asuntos exteriores e veñen de 4 países.
ALCALDÍA
O Auditorio de Galicia inaugura ‘Salto de páxina. O libro de artista no século XXI'
A mostra, organizada polo Auditorio de Galicia e SabadellGallego, recolle un collage único de libros de artista, fotolibros e bibliofilia contemporánea procedente da colección Banco Sabadell e ArtsLibris. Poderá visitarse até febreiro de 2016 no horario habitual da sala de exposicións (de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h, menos os días de concerto que pecha ás 19.00 h).
ALCALDÍA
O alcalde recibe os responsables do Banco Sabadell Gallego
O alcalde mantivo hoxe un encontro institucional cunha delegación do Banco Sabadell Gallego, de visita en Santiago para a inauguración, no Auditorio, dunha exposición na que se poderán ver pezas dos fondos da entidade.
ALCALDÍA
O alcalde lamenta que Santiago non note o incremento dos orzamentos da Xunta para 2016
Martiño Noriega ve en risco proxectos importantes para a capital galega como a EDAR ou a Variante de Aradas.