TURISMO
As Cidades Patrimonio de España poñen en marcha un proxecto pedagóxico de intercambio de alumnos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participaron na Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, celebrada en Córdoba, no Salón dos Mosaicos do Alcázar dos Reinos Cristiáns. Á reunión asistiron alcaldes e concelleiros das 13 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo primordial é a defensa e promoción do seu patrimonio cultural, recoñecido pola UNESCO...
EDUCACIÓN
As familias coñeceron a Escola Municipal de Música nunha xornada de portas abertas
A concelleira de Educación, María Castelao, asistíu á Xornada de Portas Abertas da Escola Municipal de Música.
DEPORTES
A praza do Obradoiro acolleu a saída do 34º Gran Premio Abimota-Rexión de Aveiro
Os días 8, 9, e 10 de xuño celébrase a edición número 34 do Gran Premio Abimota-Rexión de Aveiro de ciclismo. A proba saíu nesta ocasión da praza do Obradoiro, coa participación de ciclistas de 15 equipos españois, portugueses e suramericanos.