XUVENTUDE
Clausuráronse as xornadas "Os xoves emprende" cunha sesión sobre internacionalización e novos mercados
O edificio Cersia acolleu a última xornada do programa Os xoves emprende, organizado pola Concellería de Xuventude e Junior Empresa de Santiago (JEMSA) e que comezou o 25 de abril. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou nesta sesión final xunto co vicerreitor de Internacionalización, Víctor Millet.
PLENO
O Pleno aproba definitivamente os orzamentos municipais de 2013
O Pleno da Corporación aprobou de xeito definitivo o orzamento municipal do exercicio 2013, tras o estudo das alegacións. As contas saíron adiante co voto favorable do grupo de goberno e o pronunciamento negativo dos dous grupos da oposición.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Case 1.200 persoas participaron nas 58 rutas de "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
O sábado 22 de xuño, cun percorrido polas parroquias de Enfesta, Marantes, Nemenzo e Verdía, remata a exitosa primeira edición do programa de rutas didácticas Cultura viva. Fai túa Compostela, promovido polas concellerías de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá. 1.160 persoas participaron nestas rutas, nas que houbo lista de espera.
EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os pequenos escritores do Conto Viaxeiro atoparon o xeito de devolverlle a lingua ás pombas da Catedral
As concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, participaron no CEIP Apóstolo Santiago na lectura do Conto Viaxeiro, unha vez rematado o programa. O conto editado enviarase aos catro centros participantes: San Pelayo, Vite, Rodríguez Xixirei e Apóstolo Santiago.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Recepción aos participantes no IWODA’13
A Facultade de Filoloxía acolle o segundo Santiago de Compostela International Workshop on Discourse Analysis (IWODA'13). Os seus participantes foron recibidos en Raxoi polo concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya.
XUNTA DE GOBERNO
Concello e Xunta financiarán a partes iguais a revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, deu o visto boa o convenio que asinarán Concello e Xunta para o financiamento da revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.
TURISMO
A Catedral, o Concello, Hostalería e a Cámara de Comercio crean unha "Homenaxe ao peregrino" co Botafumeiro
A Catedral de Santiago de Compostela, Turismo de Santiago, a Asociación Hostalería Compostela e a Cámara de Comercio asinaron un acordo de colaboración para a conservación e posta en valor do patrimonio histórico artístico do templo compostelán, no que se inclúe o funcionamento semanal do Botafumeiro, entre outras accións.