XUVENTUDE
Un programa de voluntariado medioambiental permitirá rehabilitar a carballeira do lugar de Tarrío (O Carballal)
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, mantivero unha reunión en Raxoi con representantes da Igaxes3 e Don Bosco, cos que falou sobre o programa de voluntariado medioambiental posto en marcha polo Concello en colaboración con estas dúas entidades.
FESTAS
Raphael dará en Santiago o seu único concerto en Galicia este verán dentro da súa xira "Mi gran noche"
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, e Raquel Seijo, da produtora Sweet Nocturna, presentou o concerto que Raphael ofrecerá o 30 de xullo, ás 22:30 horas, na praza da Quintana, dentro do programa das Festas do Apóstolo. Esta actuación será a única que o artista ofreza en Galicia este verán, dentro da súa xira Mi gran noche.
TURISMO
Turismo de Santiago quere aproveitar as conexións aéreas con Asia para promover rutas polas Cidades Patrimonio
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, deu conta dalgúns dos acordos adoptados polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España na súa última Asemblea Xeral, celebrada en Córdoba. Entre os mesmos destaca unha proposta de Santiago para elaborar rutas turísticas aproveitando as novas conexións aéreas con Asia.
ALCALDÍA
A Policía Local de Santiago conta agora con cinco inspectores principais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, recibiron os novos mandos da Policía Local unha vez concluído o curso de formación na Academia Galega de Seguridade (tres inspectores principais, catro inspectores e dous oficiais).
EDUCACIÓN
O campus de cociña CompHostelería fomentará unha conciencia de alimentación saudable entre os máis pequenos
As instalacións de Hostalería Compostela acolleron a presentación do material promocional para o Campus de Cociña Infantil CompHostelería. No acto, presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e pola concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, deuse conta das actividades que desenvolverán os nenos que se inscriban durante este mes no curso.