FACENDA
O volume total de endebedamento do Concello alcanza un "mínimo histórico" de 81,4 millóns de euros
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, deu conta da evolución do nivel de endebedamento municipal, que se situou en 2012 nos 81,4 millóns de euros, segundo os parámetros do Ministerio de Facenda, cifra que considerou como "mínimo histórico" analizando os últimos exercicios. En particular, a edil salientou a baixada da débeda comercial ata os 17,5 millóns de euros e a redución do período medio de pago a provedores a menos de 74 días.
DEPORTES
Os afeccionados ao sendeirismo teñen unha cita na novena edición da Andaina dos 50 Km de Santiago de Compostela
O sábado 4 de maio celebrarase a IX edición da Andaina dos 50 Km de Santiago de Compostela, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. Ata o 26 de abril está aberta a inscrición nesta proba, que levará os participantes polos sendeiros do municipio.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais únense un ano máis á celebración das Letras Galegas
A Concellaría de Centros Socioculturais achega unha nova proposta de actividades de dinamización e animación á lectura a desenvolver en torno aos espazos de lectura dos centros socioculturais. Ler, contar e gozar coas letras trae en abril e maio un variado programa de actividades de balde que teñen como eixo central a figura do compostelán Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle dedica este ano 2013 o Día das Letras Galegas.
EDUCACIÓN
Máis de 150 profesores e profesoras asistiron á presentación da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura
A Galería Sargadelos acolleu a presentación ao profesorado da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kakandraka Editora. Participaron máis de 150 profesores e profesoras de centros de ensino de educación infantil e primaria de Santiago e da comarca.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago entrega lotes de libros sobre a cidade aos colexios
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presidiu con motivo do Día do Libro unha entrega de libros aos colexios da cidade. O acto celebrouse na biblioteca da Cidade da Cultura e contou tamén coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; a xerente do Consorcio, María Antón; e a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González.
URBANISMO, OBRAS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Reunión cos veciños para explicarlles a remodelación da rúa de San Pedro
Os concelleiros María Pardo, Juan de la Fuente e Francisco Noya reuníronse no Centro Sociocultural da Trisca coas asociacións de veciños A Xuntanza e Amigos de San Pedro para explicarlles o proxecto de mellora da rúa de San Pedro.
ALCALDÍA
Unha mostra repasa a historia da cartografía a través dos mapas antigos de Galicia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Museo do Pobo Galego á inauguración da exposición Galicia nos mapas antigos. Cartografía nos fondos do Museo do Pobo Galego. Colección Clodio González Pérez. A mostra estará aberta ata o 26 de maio.