ALCALDÍA
Homenaxe a Roberto Nóvoa Santos no 80º aniversario do seu falecemento
O médico e pensador Roberto Nóvoa Santos (A Coruña, 6 de xullo de 1885 – Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1933), foi homenaxeado con motivo do 80º aniversario do seu falecemento. O acto celebrouse ao pé da súa tumba no cemiterio de Boisaca.
TURISMO
Turismo de Santiago lanza un concurso nas redes sociais para reforzar a imaxe do destino en temporada baixa
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou a campaña promocional de inverno de Turismo de Santiago de Compostela, que comeza o martes 10 de decembro. Foi deseñada para reforzar a imaxe do destino, as visitas nacionais en temporada baixa e a visibilidade da cidade nas redes sociais.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba un orzamento de 9,7 millóns de euros para 2014
O Consorcio de Santiago celebrou Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas presididas polo alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás. Entre os temas abordados na orde do día, o principal foi a aprobación do orzamento do organismo para o ano 2014, que ascende a 9.717.471,05 euros. A aportación da Administración Xeral do Estado é de 4.795.150 €, o Concello de Santiago achega 1.361.295,28 € e a Xunta de Galicia 3.284.413 €.
FESTAS
Acendido o alumeado de Nadal tamén nas parroquias e en 12 barrios
Todo o alumeado de Nadal xa está acendido. Tras poñerse en marcha o 6 de decembro no Casco Histórico e no Ensanche, durante esta fin de semana tamén quedou lista a iluminación dos barrios e parroquias.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Xornada de votacións este martes na Casa das Asociacións para elixir os representantes do Consello de Relacións Veciñais
Mañá martes 10 de decembro, entre as 17:30 e as 22:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes, terá lugar a xornada de votacións para as eleccións de representantes veciñais ao Consello de Relación Veciñais, tal e como se recolle no calendario electoral.
CULTURA
O festival Curtocircuíto proxecta 29 curtas e celebra un debate sobre cinema e interactividade na súa segunda xornada
Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, inicia este martes no CGAC, ás 12:00 horas, as actividades paralelas ás proxeccións. A primeira delas será a charla da xornalista María Yáñez sobre "Cinema e interactividade", que ela mesma subtitulou como "os festivais danlles a benvida ás narrativas dixitais".