CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa Compostela Cine Classics pecha a súa exitosa primeira edición cun concerto vocal de versións de música de cine
Compostela Cine Classics’12 chega ao seu fin cun concerto vocal moi especial, con música de cine, que se celebrará o sábado 9 de xuño, ás 20:00 horas, na igrexa da Universidade (praza de Mazarelos). O grupo Remata así unha primeira edición do ciclo marcada pola alta participación, xerando incluso novos usuarios dos centros socioculturais.
RÉXIME INTERIOR, EDUCACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Os composteláns están convidados a coñecer o seu Concello na Xornada de Portas Abertas
Os concelleiros de Educación, Rebeca Domínguez; Participación Cidadá, Francisco Noya; e Réxime Interior, Amelia González, presentaron unha nova edición da Xornada de Portas Abertas. Celebrarase o venres 8 de xuño, data na que calquera cidadán poderá visitar o Concello entre as 9:30 e as 20:00 horas e coñecer as súas dependencias e funcionamento.
DEPORTES
Comezan as obras das dúas novas pistas de pádel descubertas de Sar
O concelleiro de deportes, Adrián Varela, visitou as instalacións do Multiusos Fontes do Sar para supervisar o comezo da obra que permitirá sumar dúas novas pistas de pádel ás tres xa existentes, e incorporar un peche perimetral ao complexo deportivo, nun momento de crecente demanda desta actividade.
CULTURA
Pamina Trío pecha o ciclo Música de Cámara
O Pamina Trío, un dos grupos máis sobresaíntes da súa xeración, pecha o xoves 7 o ciclo Música de Cámara cun concerto ás 20:30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. As entradas, a 6 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e o mesmo día do concerto, dende as 18:00 horas, na do Auditorio de Galicia.