DEPORTES
Santiago acolle as finais das categorías de base do fútbol-7 de Galicia
Os campos de fútbol de San Lázaro e das Cancelas acollerán o domingo 1 de xullo as finais das categorías alevín, benxamín e prebenxamín do fútbol-7 de Galicia. Tras superar as diversas fases sectoriais, equipos das catro provincias participan nesta xornada, que pretende ser unha festa do fútbol base galego. A competición será retransmitida pola segunda canle da Televisión de Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a obra de restauración da fonte de San Roque
A Xunta de Goberno municipal, na súa sesión ordinaria, adxudicou a obra de restauración da fonte de San Roque, así como do cruceiro de Casas Novas. Tamén se solicitou unha subvención para instalar máquinas de exercicio biosaudable nas parroquias do rural.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Grupo de Teatro de Adultos do CSC de Conxo representa "Aquí non paga nin Dios"
O Grupo de Teatro de Adultos do Centro Sociocultural de Conxo, presenta Aquí non paga nin Dios. Primeira Parte, de Darío Fo. A representación realizarase o venres 29 de xuño, ás 20:30 horas, no propio centro.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo para as empresas interesadas en participar no proxecto de implantación dunha tecnoloxía contra a falsificación
A Concellería de Economía vén de abrir o prazo de inscrición para as empresas interesadas en participar no proxecto piloto para a implantación dunha innovadora tecnoloxía anti-falsificación en empresas fabricantes e puntos de venda da cidade. A inscrición, gratuíta, pode facerse a través da web www.maiscompostela.org. O prazo remata o 15 de xullo e hai un cota de 15 prazas.
CULTURA
O violinista Enrico Casazzo interpreta a Vivaldi no concerto inaugural do Via Stellae
O Festival Vía Stellae chega neste ano á súa sétima edición que se celebrará do 2 ao 13 de xullo en diferentes lugares de Santiago de Compostela. En total, serán 20 eventos musicais que comezan co concerto inaugural, o luns 2 de xullo, de La Magnifica Comunità, agrupación que comanda o gran violinista italiano Enrico Casazza. Interpretarán unha coidada escolma de La Cetra, unha colección de concertos de Vivaldi a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal.
PLENO
Aprobado por unanimidade o cambio de uso da reserva de equipamento ocupada pola actual Casa da Xuventude
Na sesión ordinaria de xuño do Pleno municipal aprobouse por unanimidade dos tres grupos municipais o cambio de uso do solo no que se sitúa a actual Casa da Mocidade. Ademais, deuse conta da liquidación do orzamento do ano 2011.