FESTAS
A celebración do San Xoán inicia as actividades da nova Coordinadora das Festas Tradicionais do barrio de Conxo
O concelleiro de Centros Socioculturais e Festas presentou aos medios de comunicación a Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo. Na rolda expuxéronse as liñas básicas de actuación e deuse a coñecer a programación da festa do San Xoán deste ano.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela aspira a converterse en cidade amiga da infancia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o presidente de UNICEF Galicia, Manuel Sánchez Macho. Non encontro falouse dos requisitos e trámites para que Santiago se converta en cidade amiga da infancia.
URBANISMO
María Pardo resalta a transformación de Urbanismo nun departamento "máis eficiente, áxil e eficaz"
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, compareceu en rolda de prensa para facer balance do primeiro ano á fronte do Departamento. Defendeu a transformación realizada na súa estrutura, transformándoa nunha Concellería "máis eficiente, áxil e eficaz". Entre as actuacións máis salientables, citou a creación do Rexistro Auxiliar de Urbanismo, a actualización da normativa municipal ou os traballos para o coidado dos espazos públicos na Cidade Histórica.
TURISMO
O Concello colabora coa carreira solidaria "A Santiago contra o cancro 2012"
A carreira no competitiva A Santiago contra o cancro 2012, que se celebrará do 29 de xuño ao 1 de xullo unindo León con Santiago de Compostela, e que organiza a Escola do Corredor ULE-Chorco e a Asociación Española contra o Cancro (AECC), segue co seu obxectivo de recadar fondos para a loita contra esta enfermidade. O Concello colabora con esta iniciativa, motivo polo que a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu en Raxoi o presidente da Asociación contra o cancro de León, Agustin Montoya.
CULTURA
Chambao, unha das propostas de Sons 2012 para o último trimestre do ano
A programación de Sons 2012 neste semestre chega ao seu fin o xoves 21 de xuño co concerto da irlandesa Sharon Corr. Pero á volta do verán chegarán novas propostas de música variada e de calidade. Chambao será unha delas e poderemos escoitalos no Auditorio de Galicia o 19 de outubro dentro da xira mundial de presentación do seu quinto disco de estudo. As entradas para este concerto están xa á venda a un prezo de 20 € (custarán 23 € o día do cocnerto). Poden adquirirse na billeteira do Teatro Principal, en...
CULTURA
Concerto da Orquestra Gaos no Auditorio
A Orquestra Gaos dará un concerto o martes 26 de xuño no Auditorio de Galicia dentro do ciclo da Concellería de Cultura Novas Orquestras. Dirixidos por Fernando Briones e con André Cebrián, flauta, interpretarán o Concerto caribeño para frauta e orquestra de L. Schifrin e a Sinfonía núm 4 de J. Brahms. As entradas teñen un custo de 3 € e poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e na do Auditorio o propio día do concerto. Os abonados do Auditorio poderán asistir de balde, previa.../em>
ALCALDÍA
O Museo das Peregrinacións abrirá a primeiros de xullo cunha exposición sobre a Compostela do século XIII
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, anunciou que o Museo das Peregrinacións e de Santiago abrirá a primeiros de xullo cunha exposicion sobre a Compostela do século XIII.
CONSORCIO
Unha nova publicación analiza a iconografía das tres principais portas da Catedral
O paraninfo da Universidade acolleu a presentación do libro A la búsqueda de la memoria. Los tres pórticos mayores de la Basílica de Gelmírez, editada polo Consorcio de Santiago e Círculo Románico.