ALCALDÍA
O autobús informativo con motivo da Semana do Cerebro permaneceu aparcado na praza do Obradoiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, visitaron o autobús que con motivo da Semana do Cerebro se instalou na praza do Obradoiro. Esta iniciativa ten como obxectivo promover a prevención activa do cerebro e axudar a detectar os síntomas das enfermidades neurolóxicas.
CULTURA
"Los habitantes de Arlequinia" e "Contratiempos", dúas singulares obras coa Escola Internacional da Comicidade
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; o director da Escola Internacional da Comicidade, Antón Valén; e o coordinador da Escola, Nacho Fungueiriño, presentaron as dúas obras que se farán en colaboración coa Escola no ciclo Teatro&Danza: Los habitantes de Arlequinia, o martes 9 de outubro, e Contratiempos, o mércores 24 e o xoves 25 de outubro, todas as funcións ás 21:00 horas. As entradas poden mercarse na billeteira do Principal (aberta de martes a sábado de 18:00.../em>
DEPORTES
Santiago súmase á celebración do Día Mundial do Karate cunha xornada de promoción deste deporte
O domingo 7 de outubro celébrase o Día Mundial do Karate. Con este motivo, a Agrupación Deportiva Galaika, en colaboración coa Concellería de Deportes e a Federación Galega de Karate, organiza unha xornada de promoción deste deporte.
TURISMO
Turismo de Santiago e Hostalería Compostela reúnense para traballar conxuntamente na promoción da cidade
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, reuníronse no Pazo de Raxoi cos representantes da Asociación Hostalería Compostela, o seu xerente, Andrés Condide, e o seu responsable de Comunicación e Marketing, Aser Álvarez, para traballar conxuntamente na definición da promoción da cidade no vindeiro ano 2013.
DEPORTES
Todo listo para o XXII Día da Bicicleta
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, lembrou en rolda de prensa a celebración, o domingo 7, do XXII Día da Bicicleta. Os composteláns están convidados a sacar un ano máis as súas bicicletas á rúa e a participar nesta xornada de lecer e convivencia.
EDUCACIÓN
Comezan as visitas didácticas á nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez deu a benvida aos primeiros escolares que realizaron unha vista didáctica guiada á nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías. O primeiro centro en visitar as novas instalacións foi o CEIP de Pedrouzos, en Brión, a cuxos profesores a Concelleira fixo entrega dun lote de libros sobre a historia de Santiago, editados polo Consorcio de Santiago.
ALUMEADO PÚBLICO
Xestores galegos debateron en Santiago sobre eficiencia enerxética nos edificios
O edificio CERSIA acolleu o I Congreso Galego de xestores Enerxéticos dos Edificios. O encontro reuniu unhas 40 persoas que están traballando como xestores co fin de intercambiar experiencias sobre eficiencia enerxética.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Novas rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Continúa desenvolvéndose o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias de Compostela, Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio aproba as bases das axudas ao mantemento de edificios e de elementos de madeira
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presidiu a Comisión Executiva deste organismo. Na reunión aprobáronse as bases do programa de axudas ao mantemento de edificios e de elementos singulares de madeira, que entrará en funcionamento proximamente.